O pozo e o péndulo (en )Williams, Lucy Chase. The Complete Films of Vincent Price, Citadel Press, 1995. . As Williams notes, the actual onscreen title was "Pit and the Pendulum". é un filme estadounidense de 1961 dirixido por Roger Corman e protagonizado por Vincent Price, Barbara Steele, John Kerr e Luana Anders. O guión, escrito por Richard Matheson, está vagamente inspirado na historia curta homónima de Edgar Allan Poe, publicada en 1842. Ambientada no século XVI en España, a historia conta como un mozo inglés visita un castelo prohibido para investigar a misteriosa morte da súa irmá. Logo dunha serie de terroríficas revelacións, con aparicións de pantasmas e mortes violentas, o protagonista queda atrapado polo seu cuñado no dispositivo de tortura que dá nome ó filme.

Estreouse en galego o 12 de agosto de 1991 a través da TVG.

Personaxes Vincent Price como Nicholas/Sebastian Medina John Kerr como Francis Barnard Barbara Steele como Elizabeth Luana Anders como Catherine Medina Antony Carbone como doutor Leon

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1961 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roger Corman Categoría:Filmes ambientados no século XVI Categoría:Filmes ambientados en España Categoría:Filmes de 1961 con versión en galego