Álvaro Pérez Campo, coñecido como Trilli, nado en Ortigueira o 19 de maio de 2003, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Córdoba, da Segunda División, cedido polo Valladolid.
Traxectoria Fillo de Jorge Pérez, antigo xogador do Parrulo de fútbol sala, naceu en Ortigueira en 2003, xunto aos seus dous irmáns trixéminos, Javier e Raúl. Os tres entraron na canteira do Racing de Ferrol da man do histórico adestrador Cholo, e en 2014 Álvaro fichou polo Deportivo da Coruña. Foi subindo polas diferentes categorías do club coruñés e na tempada 2020/21 debutou co Xuvenil A na División de Honra, contribuíndo a que o equipo acadase a primeira posición do Grupo 1. Deste xeito disputou a Copa de Campións en Marbella, onde o Deportivo eliminou ao Las Palmas, ao Real Madrid e derrotou na final ao FC Barcelona, proclamándose así campión de España. Esa mesma tempada debutou na Terceira División co Fabril, adestrado por Juan Carlos Valerón, que o colocou de titular en cinco encontros.
No verán de 2021 realizou a pre-tempada co primeiro equipo do Deportivo, adestrado por Borja Jiménez, xogando varios partidos amigables. O 29 de agosto debutou co Deportivo en partido oficial, sendo titular no primeiro encontro da tempada 2021/22 da Primeira División RFEF contra o Celta B en Riazor, que acabou con goleada coruñesa por 5-0. Uns días despois lesionouse no músculo psoas-ilíaco xogando coa selección española sub-19, polo que se perdeu o seguinte mes de competición. Xa recuperado encontrouse coa competencia de Víctor García no seu posto, quedando no banco nos seguintes partidos, ata que tamén o valenciano se lesionou, recuperando así Trilli a titularidade. Con todo, unha nova lesión deixouno outra vez fóra do once e obrigouno a pasar polo quirófano.
Na tempada 2022/23 apenas contou con oportunidades co adestrador Óscar Cano, que dirixiu o equipo a meirande parte da competición, situación que suscitou críticas ao técnico por parte da afección. Recuperou protagonismo coa chegada ao banco de Rubén de la Barrera, pero en xullo de 2023 decidiu aceptar unha oferta do Barcelona Atlètic para xogar no filial catalán.
A súa situación deportiva non mellorou na súa primeira campaña no equipo barcelonés, na que disputou só 443 minutos, despois de sufrir varias lesións musculares. Tampouco conseguiu ter regularidade na tempada 2024/25, na que a pesar de aumentar os seus rexistros ata os 19 partidos (11 deles como titular), tivo que ser operado dunha lesión nun ombreiro, perdendo varios meses de competición.
En xullo de 2025 anunciouse o seu traspaso ao Valladolid, que viña de descender á Segunda División. Apenas contou con protagonismo na primeira metade da tempada 2025/26, disputando só 199 minutos en liga, repartidos en 10 encontros, polo que en xaneiro de 2026 anunciouse a súa cesión ao Córdoba, na busca de máis tempo de xogo.
Selección española Foi internacional coa selección española sub-16, adestrada por Julen Guerrero, coa que disputou a Copa AEGEAN na cidade turca de Esmirna, chegando ata a final, e disputou tamén un amigable contra a selección de Austria. En setembro de 2021, uns días despois de debutar oficialmente co Deportivo da Coruña, fíxoo tamén coa selección española sub-19, xogando dous partidos amigables contra México.
Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiPromociónsInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesFabril2020/21Terceira50----50Deportivo da Coruña2021/221ª RFEF 10 0 20-- 1202022/231ª RFEF 10 0 101 0 120Total club2003010240Barcelona Atlètic2023/241ª RFEF100--001002024/251ª RFEF190----190Total club2900000290Valladolid2025/26Segunda10010--110Córdoba2025/26Segunda2000--20Total carreira 66 0 401 0 710
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en BDFutbol . Datos do xogador en LaPreferente.com .
Notas
Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Ortigueira Categoría:Futbolistas da provincia da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña Categoría:Xogadores do FC Barcelona B Categoría:Xogadores do Real Valladolid Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19