Led Zeppelin, lanzado no 12 de xaneiro de 1969, foi o primeiro disco da banda de rock inglesa Led Zeppelin. Este álbum foi toda unha revolución musical do seu tempo e é considerado como un dos mellores discos debut do rock, creando unha nova interpretación deste xénero. Nel o grupo crea o que sería unha dinámica no resto das súas producións, a fusión do rock e o blues. No disco tamén aparecen riffs virtuosos, folk e influencias da música da costa oeste americana.
Listaxe de cancións
Dise que Robert Plant participou na escritura das cancións, pero que non apaceceu nos créditos por motivos contractuais, xa que aínda tiña contrato coa CBS.
Créditos Jimmy Page - Guitarra acústica, eléctrica, pedais, segundo vocalista, produtor Robert Plant - Vocalista, harmónica John Paul Jones - Baixo, órgano, teclados, segundo vocalista John Bonham - Percusión, timbal, segundo vocalista Viram Jasani - Táboa Chris Dreja - Fotografía George Hardie - Deseño da portada Glyn Johns - Enxeñeiro de son, mesturas Peter Grant - Produtor executivo
Categoría:Álbums de Led Zeppelin Categoría:Álbums musicais de 1969 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Atlantic Records