dereita|miniatura|Unha das dúas bandeiras de Baviera. O nacionalismo bavarés ou bávaro é un nacionalismo que afirma que os bavareses son unha nación e que promove a unidade dos bavareses.James Minahan. One Europe, Many Nations: A Historical Dictionary of European National Groups. Greenwood Publishing Group, Ltd., 2000. P. 108. O nacionalismo bavarés foi especialmente prominente dende a incorporación de Baviera dentro do estado de Alemaña no ano 1871. Os nacionalistas bavareses que os termos nos que Baviera entrou en Alemaña en 1871 foron controvertidos e afirman que o goberno alemán se entrometeu durante moito tempo na desexada autonomía de Baviera, polo cal se fan chamamentos a prol da independencia de Baviera. Despois da derrota de Alemaña na primeira guerra mundial, o nacionalismo bavarés colleu aínda máis forza, facéndose popular entre os movementos políticos revolucionarios e reaccionarios..James Minahan. One Europe, Many Nations: A Historical Dictionary of European National Groups. Greenwood Publishing Group, Ltd., 2000. P. 107. Logo do colapso do Imperio Austrohúngaro tralo remate da primeira guerra mundial, fixéronse propostas a Austria para unirse a Baviera.Suda Lorena Bane, Ralph Haswell Lutz. Organization of American Relief in Europe, 1918-1919: Including Negotiations Leading Up to the Establishment of the Office of Director General of Relief at Paris by the Allied and Associated Powers. Stanford University Press, 1943. P. 119. Nesta época o goberno bavarés tiña especial interese en incorporar as rexións de Tirol do Norte e Alta Austria a Baviera.Carlile Aylmer Macartney. The Social Revolution in Austria. Cambridge University Press Archive. P. 112 Este foi un asunto importante despois da primeira guerra mundial, cun número destacado de tiroleses do norte de Austria que declararon a súa intención de que o Tirol do Norte se unise a Baviera.Francis Ludwig Carsten. The First Austrian Republic: 1918-1938. Gower, 1986. P. 3.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Nacionalismo alemán Nacionalismo austríaco
Categoría:Nacionalismo bavarés