Alfredo Vázquez Jiménez, nado en Vigo o 24 de abril de 1963, é un ex-regatista galego. Participou na proba da clase soling dos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, xunto ao entón príncipe de Asturias Felipe de Borbón, e con Fernando León de temoneiro, obtendo a sexta praza e con ela un diploma olímpico. miniatura|A cidade de Vigo ós seus atletas. Traxectoria Comezou xogando ao voleibol no Club Vigo, antes de pasar a practicar vela no Real Club Náutico da mesma cidade. A finais dos anos 80 formou equipo con Filipe de Borbón, naquel entón príncipe de Asturias, e con Fernando León, logrando a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona, na clase soling.
Foi o primeiro regatista galego nuns Xogos Olímpicos, dos que regresou cun diploma olímpico ao quedar o equipo español na sexta praza. Ao ano seguinte foi campión de España da clase laser.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do regatista no sitio web do Comité Olímpico Internacional .
Categoría:Nados en 1963 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Regatistas olímpicos de Galicia Categoría:Regatistas nos Xogos Olímpicos de 1992