Adrián Viéitez Torrado, nado en Vigo o 5 de novembro de 1994, é un xornalista e poeta galego.

Traxectoria Estudou no IES Santa Irene de Vigo e obtivo unha das mellores notas de bacharelato de Galicia. Fixo xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela (cun ano na Universidade Autónoma de Barcelona). Ten un mestrado en xornalismo cultural pola Universidade CEU San Pablo, onde dá clase de poesía contemporánea. Estuda filosofía.

Ten colaborado con distintos medios, tanto en Galicia (Galicia en goles da Radio Galega, Compostimes, La Voz de Galicia) como de fóra (a web literaria Zenda, Ctxt, El País, Jot Down, a revista teatral Primer Acto ou a web de deportes internacional Vavel).

Obra Espalda con espalda (Chiado, 2017). ISBN: 978-989-52-0065-8 Tratado sobre tu nombre (En el mar, 2021). Árboles frutales (Dieci6, 2021). É únha antoloxía de poesía de autores da súa proximidade persoal.

Notas

Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá

Categoría:Xornalistas de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1994 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela