Spacehab foi unha serie de módulos habitables utilizados a bordo de varias misións dos transbordadores espaciais da NASA.

Características Os módulos Spacehab foron deseñados, desenvolvidos e comercializados pola empresa do mesmo nome, hoxe Astrotech Corporation. Spacehab Inc. foi fundada por Bob Citron en 1982 en Houston, Texas e considérase a única compañía privada en desenvolver con éxito un módulo espacial comercial habitable.

O primeiro módulo desenvolveuse a partir do módulo Spacelab da Axencia Espacial Europea e tiña unha masa de 5000 kg e un volume presurizado de 28,3 m3 para acomodar experimentos e tripulación. Debido aos acordos da NASA coa ESA o primeiro módulo Spacehab non voou ata 1993, na misión STS-57.miniatura|Spacehab 01 na misión STS-57.|centro Notas

Véxase tamén

Outros artigos Transbordador espacial Spacelab

Categoría:Satélites artificiais