A sección de baloncesto do Club Atlético de Madrid foi un club profesional de baloncesto con sede en Madrid, España. Foi fundado en 1922 por Ángel Cabrera, un dos máis importantes impulsores do baloncesto na rexión e que anos despois fundaría o Real Madrid Basket-Ball. Desde os seus comezos viviu unha continua sucesión de desaparicións e refundacións sen encontrar estabilidade até que finalmente desapareceu en 1991.
A supervivencia do club ao longo da historia foi posíbel grazas a compras ou fusións de clubs que lle permitiron refundar a sección ocupando as prazas nas competicións dos equipos implicados. O último deles foi o Club Baloncesto Collado Villalba, que co nome de Atlético de Madrid-Villalba competiron na temporada 1990−91 da Liga ACB. Despois do acordo tras finalizar a temporada, o club disolveuse e desapareceu definitivamente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial do Atlético de Madrid
Atlético de Madrid Categoría:Deporte en Madrid