José Mateo Mariñas Ferrero, nado en Bembibre (O Bierzo) o 8 de setembro de 1918, foi un xornalista e político español.
Traxectoria Incorporouse ao PSOE en 1935. Na guerra civil foi sarxento de Intendencia no exército leal.Diario Oficial del Ministerio de Defensa Nacional, 26-12-1938, p. 1386. Nos anos corenta residía en Rábade e foi o contacto do partido para organizar a Federación Provincial do PSOE de Lugo, con Manuel Cobas Rodríguez, Luis Fernández del Valle, Graciano Leivas Freire, Antonio Vidal Vilas e outros. Detidos en xullo de 1945, acusados de rebelión na causa 321/45, foron xulgados en Lugo o 20 de abril de 1946. Cobas, Mariñas e Vidal foron condenados a seis meses e un día, e Luis foi condenado a nove meses de prisión. José Mateo Mariñas saíu en liberdade o 27 de xuño de 1946.
En 1949 foi nomeado correspondente en España do semanario mexicano Claridad e trasladouse a Madrid.El Progreso, 28-4-1949, p. 2. Dende xullo de 1949 enviou crónicas de Madrid para El Progreso.El Progreso, 7-7-1949, p. 4. Foi crítico taurino. Restablecida a democracia formou parte da Agrupación Socialista de Chamartín (Madrid). Traballou como xornalista en TVE. Foi elixido vicepresidente da Unión de Periodistas en abril de 1978.Elegida la junta directiva de la Unión de Periodistas Notas
Véxase tamén Bibliografía Expediente procesual de José Mateo Mariñas Ferrero "Reorganización y proceso de estructuración del sindicalismo socialista en Galicia" / Guillerme Pérez Agulla e Rogelio Pérez Poza, in Análisis históricos del sindicalismo en España. Del Franquismo a la estabilidad democrática (1970‐1994)
Categoría:Xornalistas de España Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en 1918 Categoría:Nados en Bembibre