Patrimonio do Mercurio. Almadén e Idrija é un conxunto Patrimonio da Humanidade da UNESCO en Almadén, Castela-A Mancha, España e Idrija, Eslovenia. Os bens comprenden dous sitios mineiros de mercurio. En Almadén extraeuse mercurio desde a antigüidade, mentres que en Idrija atopouse por primeira vez en 1490.Heritage of Mercury. Almadén and Idrija - UNESCO World Heritage Centre
Os sitios testemuñan o comercio intercontinental de mercurio que xerou importantes intercambios entre Europa e América ao longo dos séculos. Os dous sitios representan as dúas maiores minas de mercurio do mundo e estiveron operativas ata tempos recentes. O mercurio xogou un papel importante na extracción de ouro e prata, minerais escavados nas minas americanas. Ademais, ambos xacementos ilustran os distintos elementos industriais, territoriais, urbanos e sociais dun sistema sociotécnico específico nas industrias mineiras e de produción de metais.
No corazón do xacemento de Almadén hai un museo mineiro, onde o público pode entrar a unha mina subterranea. Tamén hai edificios relacionados coa historia mineira da cidade, incluído o castelo de Retamar, o hospital mineiro de San Rafael (agora un arquivo) e vivendas do século XVIII que forman unha praza de touros hexagonal.
O sitio de Idrija conta especialmente con almacéns e infraestruturas de mercurio, así como vivendas e un teatro para mineiros.
Proceso de candidatura thumb|upright=1.2| Interior dunha das minas de Almadén Idrija comezou o proceso para inscribir o patrimonio de mercurio na lista do patrimonio da UNESCO no 2006.Občina Idrija - Dediščina živega srebra Inicialmente, o nomeamento realizouse xunto coa mina de mercurio de Huancavelica no Perú, en relación á ruta intercontinental "Camino Real". Na segunda etapa, a candidatura centrouse no patrimonio do mercurio en relación coa minería da prata, xunto coa mina San Luis Potosí] en México, con todo, o nomeamento non reuniu o suficiente apoio. A exitosa terceira etapa da candidatura centrouse na extracción do mercurio en relación cos procesos tecnolóxicos e industriais que influíron no desenvolvemento económico e cultural das dúas rexións..Rudnik živega srebra Idrija zapisan na Unescov seznam :: Prvi interaktivni multimedijski portal, MMC RTV Slovenija
Lista de monumentos rexistrados thumb|upright=1.2|Forno de Bustamante das minas de Almadén. thumb|upright=1.2|Castelete das minas de Almadén. thumb|upright=1.2|Edificio da bomba en in Idrija. Os sitios do "Patrimonio de Mercurio" son os seguintes:Fuente: Unesco
Almadén Código Nome Localización Zona de proteción Coordinadas1313rev-001 Centro histórico de Almadén Almadén 48.98 ha 1313rev-002 Edificios da Mina do Castelo Almadén 0,22 ha 1313rev-003 Prisión real de traballos forzados Almadén 0.11 ha 1313rev-004 Hospital Real de San Rafael (nenos) Almadén 0.10 ha 1313rev-005 Praza de touros Almadén 0.25 ha
Idrija Código Nome Localización Zona de proteción Coordenadas1313rev-006 Centro histórico de Idrija Idrija 47.33 ha 1313rev-007 Fundición Idrija 0.60 ha 1313rev-008 Bomba Kamšt con canle de auga e depósito (Kobila) Idrija 1.61 ha 1313rev-009 Depósito de auga Idrija 0.71 ha 1313rev-010 Lagoa Idrija Idrija 1.21 ha 1313rev-011 Encoro de Putrih no río Belca Idrija 0.49 ha 1313rev-012 Encoro de Brus no río Belca Idrija 2.49 ha
Notas
Categoría:Patrimonio da Humanidade en Castela-A Mancha Categoría:Patrimonio da Humanidade en Eslovenia