Para outros artigos de persoas co mesmo apelido, véxase a páxina de homónimos Roettiers
Joseph Charles Roëttiers, nado en París o 13 de abril de 1691 (ou 1692)Non está claro se o ano de nacemento é 1691 ou 1692. Nas fontes consultadas, as referencias son: Rodot: 1691; BnF Data: 13-04-1691; Forrer: 1691 ou 1692; Barre: 1692; Bellier de La Chavignerie: 13-04-1692; Deutsche Biographie: 1692. e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1779, foi un gravador de moeda e medallista francés, o undécimo en ocupar o posto de gravador xeral de moedas de Francia.
Traxectoria
Joseph Charles pertencía a unha ampla familia de gravadores, prateiros e ourives franceses, de orixe flamenga.Rodot, N. (1904). Páxina 110.Forrer, L. (1916). "Geneological table of tyhe Roëttiers Family". Páxina 176 bis. Era fillo de Joseph Roëttiers (1635-1703) e de Hélène Stonehouse.Forrer, L. (1916). Páxina 178. Tanto o seu pai como o seu curmán, Norbert Roëttiers (1666-1727), foron antecesores seus no cargo de gravador xeral e amosáronlle a arte do gravado da medalla.Bellier de La Chavignerie, E. (1885). Páxina 404. Pola súa banda, o seu fillo Charles Norbert Roëttiers (1720-1772) sucedeuno como gravador xeral.Rodot, N. (1904). Páxina 110."Roëttiers (Roettier; Rottiers; Rottier)". En Allgemeine Künstlerlexikon. Vol. 99.
esquerda|miniatura|190x190px|1 luís. Lois XV (1755), obra de Joseph Charles Roëttiers."1 Louis d'Or - Louis XV". Numista.com
Xa en 1711, Joseph Charles Roëttiers acadou o segundo Premio de Roma de Escultura,Rodot, N. (1904). Páxina 66. outorgado polas academias francesas, e o 31 de decembro de 1717 ingresou na Real Academia de Pintura e Escultura, da que foi conselleiro en 1748.Barre, A. (1867). Páxina 10.
Antes de ser designado como gravador xeral de moedas de Francia o 18 de xuño de 1727, xa fora nomeado en 1715 como gravador de moedas do rei e en 1720 como gravador particular de moedas e medallas do rei, con residencia na Casa da Moeda.Forrer, L. (1916). Páxina 179. Ocupou o posto de gravador xeral ata que en 1753 llo cedeu ao seu fillo Charles Norbert, aínda que entre 1772 e 1774 volveu ocupalo interinamente logo do falecemento do fillo e ata o nomeamento do seu sucesor definitivo, Pierre Simon Benjamin Duvivier.
miniatura|190x190px|1 escudo. Lois XV (1771), obra de Joseph Charles Roëttiers e do seu fillo, Charles Norbert Roettiers."1 Écu - Louis XV". Numista.com
Joseph Charles Roëttiers foi un asiduo participante nos Salóns de París entre 1737 e 1775, onde expuña as súas medallas e outros traballos, como proxectos e retratos de personalidades.Barre, A. (1867). Páxinas 10-11.
As sinaturas coas que Roëttiers marcaba adoito as moedas e medallas da súa creación foron: J. C. Roettiers. f. ou C. Roettiers ou J C R ou I·CROETTIERS ou I C ROETT· ou ICR ou ROETTIERS.Forrer, L. (1916). Páxinas 179-181.
Vida familiar En 1715 casou coa súa primeira esposa, Catherine Hérault (finada en 1753), con quen tivo dúas fillas e dous fillos, entre eles o gravador Charles Norbert Roëttiers. Logo do falecemento desta, casou en segundas nupcias en 1753 coa súa parente Jeanne Hermant.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Barre, A. (1867). Graveurs Généraux et particuliers des Monnaies de France, Contrôleurs Généraux des Effigies, Noms de quelques graveurs en Médailles de la Renaissance Française. Pillet Fils, París. Bellier de La Chavignerie, E. (1885). "Roettiers, (Joseph-Charles) ". En Dictionnaire général des artistes de l'École française depuis l'origine des arts du dessin jusqu'à nos jours: architectes, peintres, sculpteurs, graveurs et lithographes. Tomo 2. Renouard, París. Páxinas 404-405. Binbgen, J. (1952). Les Rottiers, graveurs en médaille des Pays-Bas Méridionaux. Palais des Académies, Bruxelas. Forrer, L. (1916). "Roettiers, Joseph-Charles". Biographical Dictionary of Medallists. Vol. 5. Spink & Son. Londres. Páxinas 178-182. Jouin, H. (1894). "Joseph-Charles Roëttiers". En Nouvelles archives de l'art français. Tomo X. Páxinas 66-89, 117-184 Rodot, N. (1904). Les médailleurs et les graveurs de monnaies, jetons et médailles en France. Leroux, París.
Outros artigos Gravador xeral de moedas de Francia Monnaie de Paris
Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1691 Categoría:Finados en 1779 Categoría:Deseñadores de moeda de Francia Categoría:Personalidades do gravado