Miguel Porto Hermida, nado o 20 de decembro de 1980 en San Miguel de Oia (Vigo) é un debuxante de banda deseñada e ilustrador galego. Traxectoria Comezou debuxando de neno e conseguiu algúns premios locais coma o premio infantil do I Salón de Cómic de Vigo. Fixo o bacharelato artístico no Instituto Politécnico de Torrecedeira (Vigo), e fundou o seu primeiro fanzine, Alopecia Mental. Estudou na Academia de Cómic e Ilustración de Víctor Rivas e licenciouse en Belas Artes en Pontevedra (Universidade de Vigo) en 2004.

En 2002 comezou a debuxar para a revista Golfiño para a que creou as series de Lúa e Niko Natas. Nese tempo comeza a traballar nas publicacións clásicas de comezos do século XXI BD Banda ou Barsowia. A súa actividade fancineira continuaraa en publicacións como ARGH!, Carne Líquida, Fanzine Enfermo, Lunático, Dos veces breve, OINK!, Mongolia, Humo, El Manglar ou A viñeta de Schröedinger.

Traballou como creativo e deseñador web na empresa Visual Publinet, e como deseñador e ilustrador de videoxogos para Imaxin Software, empresa líder do sector do videoxogo educativo. En 2012 empezou a traballar como docente en O garaxe hermético, a escola de banda deseñada e ilustración que fundou Kiko da Silva en Pontevedra.

En 2014 botou a andar o festival Bosquexo, un campamento de debuxo ao natural para adultos na aldea de Senderiz, que tivo unha continuidade anual.

Obra

En videoxogos

Mayu (Imaxin Software, 2002): fondos. Vetas (Imaxin Software, 2003): fondos e deseño de personaxes. O mundo nas túas mans (Imaxin Software, 2004): dirección artística, animación e deseño de personaxes. El medallón de la fortuna (Imaxin Software, 2004): dirección artística e animación.

Banda deseñada Tirante el Blanco (SM, 2008, adaptación do clásico de cabalarías) Nueve preguntas (Dibukks, 2013). Allen, Son of Hellcock (Z2 Comics, 2017) Subnormal. Una historia de acoso escolar (Panini, 2019, con guión de Fernando Llor, baseado na vida do xogador de baloncesto Iñaki Zubizarreta).

Obra colectiva

2011: Yes, We Camp! Bocetos de una (R)evolución. 2018: O puño e a letra.

Notas

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1980 Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo