Domingo Páramos Núñez, nado en Tui cara a 1871 e finado en Mondariz o 4 de outubro de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria Exemigrante nos Estados Unidos e na Arxentina. Ferreiro de Caldelas de Tui de ideoloxía anarcosindicalista. Nos anos vinte foi presidente da Sociedad Agraria de Caldelas, encabezou unha protesta das sociedades obreiras e agrarias de Tui pola fraude nas eleccións a Cortes de 1923,La Zarpa, 22-5-1923, p. 1. e foi detido en outubro de 1923 xunto co secretario da sociedade, Bernardo Troncoso Sotelo, acusados de coacción e sabotaxe.Galicia Nueva, 23-10-1923, p. 1. Na República foi elixido concelleiro de Tui,Tribuna, 10-9-1933, p. 3. foi destituído logo da folga xeral revolucionaria de 1934. Foi detido en xuño de 1935 con Ramón Leopoldo Márquez Vázquez e outros, acusados do incendio da igrexa de Baldráns.El Pueblo Gallego, 22-6-1935, p. 13. Foi reposto como concelleiro o 21 de febreiro de 1936.

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en setembro, levárono ao seminario de Tui, e despois foi asasinado no Alto do Confurco xunto con Manuel Piñeiro Zúñiga, Manuel Pérez Besada, Fernando Rubio Estévez, Hipólito Gallego Camarero e Francisco Rodríguez Otero. Foron soterrados nunha fosa común en Mondariz. Os seus restos, xunto cos doutros 34 da provincia de Pontevedra, foron trasladados a Cuelgamuros o 26 de marzo de 1959."Han sido trasladados a Cuelgamuros los restos de 35 caídos pontevedreses", El Pueblo Gallego, 27-3-1959, p. 3. Nos anos sesenta a súa viúva recibiu un comunicado da Xefatura do Estado no que se lle informaba que os restos do seu home estaban no Valle de los Caídos.A familia dun represaliado de Tui reclama o traslado dos seus restos do Val dos Caídos á Galiza Vida persoal Casou con Juliana Riol Casado e foi pai de Ferrer, Libertad, Aurora, Armonía, Verdad, Floreal, Progreso, Espronceda, Domingo e Julia Páramos Riol.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas O nome dos fillos Homenaje del colectivo "Levada Libre" a dos republicanos de Tui asesinados en 1936 Onde está o avó? Pontevedreses en Cuelgamuros.

Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Concelleiros de Tui Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Tui Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Anarcosindicalistas