Lauri Elias Markkanen, nado o 22 de maio de 1997 en Vantaa, é un xogador finés de baloncesto profesional que xoga nos Utah Jazz da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 22 de xuño de 2017, Markkanen foi elixido na 7ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Minnesota Timberwolves. Na mesma noite do Draft os seus dereitos foron traspasados xunto a Zach LaVine e Kris Dunn ós Chicago Bulls, a cambio de Jimmy Butler e os dereitos de Justin Patton. O 5 de xullo de 2017, Markkanen asinou cos Bulls.

O 28 de agosto de 2021, Markkanen foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Portland Trail Blazers.

O 1 de setembro de 2022, Markkanen foi traspasado xunto a Ochai Agbaji, Collin Sexton, tres eleccións da primeira rolda do Draft e dous intercambios de eleccións do Draft ós Utah Jazz, a cambio de Donovan Mitchell.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Vantaa Categoría:Xogadores de baloncesto de Finlandia Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls‎ Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Utah Jazz