Frances Haugen, nada en Iowa City, 1984, é unha xestora de produtos e activista estadounidense. En setembro de 2021, Haugen revelou milleiros de documentos internos de Facebook ("Facebook Files") á SEC (Securities and Exchange Commission; en galego, Comisión de Bolsa e Valores) dos Estados Unidos e ao Wall Street Journal.

Traxectoria

Primeiros anos e formación Haugen naceu e criouse en Iowa City, Iowa, onde asistiu á Iowa City West High School. O seu pai era médico e a súa nai converteuse en pastor episcopaliana despois dunha carreira académica.

De 2002 a 2006, estudou enxeñaría informática e eléctrica na primeira clase do programa no Olin College en Needham, Massachusetts. Despois, entre agosto de 2009 e maio de 2011, fixo un máster en administración de empresas (MBA) na Harvard Business School.

Carreira profesional A partir de 2006, traballou en varias empresas de tecnoloxía como Google, Pinterest e Yelp especializándose en xestión algorítmica de produtos.

Traballou para Facebook desde 2019 e revelou anonimamente os problemas inherentes ao uso de datos e os fallos no control de contido de Facebook a través de filtracións de documentos da empresa que se empregaron para publicar varios artigos. No The Wall Street Journal en setembro de 2021.

A súa identidade fíxose pública tras a emisión dun documental na serie de 60 Minutes na televisión CBS o 3 de outubro de 2021. As súas filtracións sobre Meta foron importantes para a demanda contra dita compañía polos danos causados aos menores.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Ficha en IMDb

Categoría:Activistas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1984 Categoría:Facebook Categoría:Personalidades da informática Categoría:Nados en Iowa City