Microphones in 2020 é o quinto álbum de estudio da banda estadounidense de indie folk The Microphones, publicado o 7 de agosto de 2020 a través do selo P. W. Elverum & Sun, Ltd, propiedade de Phil Elverum. Trátase do primeiro lanzamento do grupo en 17 anos, tras o disco de Mount Eerie de 2003.

Microphones in 2020 é un álbum conceptual formado por unha única canción de 44 minutos que describe a vida e a carreira musical de Elverum. O álbum foi composto e gravado totalmente por Elverum. O seu lanzamento foi acompañado por unha curtametraxe formada por 761 fotografía tomadas por Elverum.

Tras o seu anuncio, os seus seguidores e as publicacións musicais interesáronse polo feito de que o álbum estivese acreditado a The Microphones e non a Mount Eerie, o nome baixo o que Elverum editou a meirande parte da súa música dende 2004.

Listaxe de cancións

"Microphones in 2020"- 44:44

Notas

Categoría:Álbums de The Microphones Categoría:Álbums musicais de 2020