Stefan Seidler, nado en Flensburgo en 1979, é un político alemán pertencente á minoría dinamarquesa de Schleswig-Holstein. En 2021 foi electo deputado federal no Bundestag pola Asociación de Electores de Schleswig Meriodional (SSW), o partido que representa os intereses poboación dinamarquesa e frisoa de Alemaña.

Traxectoria Nado en 1979 en Flensburgo, Alemaña, os seus pais eran de orixe dinamarquesa adicábanse á docencia e á venda de madeira. Despois de completar a súa educación secundaria na escola local de lingua dinamarquesa, estudou na Universidade de Aarhus en Aarhus, Dinamarca, onde cursou ciencias políticas e comunicación política. É membro da Asociación de Avogados e Economistas de Dinamarca. Stefan Seidler está casado e ten dúas fillas.

Seidler participou en movementos políticos tanto en Dinamarca coma en Alemaña. En Aarhus, tivo responsabilidades á fronte de Radikal Ungdom, a de xuventude do Partido Liberal Social, e máis tarde foi candidato dese partido para o parlamento dinamarqués e o Parlamento europeo. Tamén foi concelleiro en Flensburgo, e en 2014, foi nomeado coordinador das relacións co goberno de Dinamarca de Schleswig-Holstein.

Para as eleccións parlamentarias federais de setembro de 2021, disputou a circunscrición electoral de Flensburgo – Schleswig, para o SSW. Con todo, resultou electo o candidato da Alianza 90/Os Verdes, mais gañou un escano na lista estatal do partido sendo o primeiro deputado da Asociación de Electores de Schleswig Meridional dende 1953.

Notas

Categoría:Nados en Schleswig-Holstein Categoría:Nados en 1979 Categoría:Políticos de Alemaña Categoría:Políticos de Dinamarca