Linda Leppänen (de solteira Välimäki), nada en Ylöjärvi o 31 de maio de 1990 é unha ex xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo.
Traxectoria Inicios Linda Välimäki naceu en Ylöjärvi, a rexión de Pirkanmaa (Finlandia), o 31 de maio de 1990. Välimäki comezouu a práctica do hóckey sobre xeo no equipo da súa cidade, o Ylöjärven Ilves.
Últimos anos como xogadora No verán de 2019 Välimäki anunciaba que puña fin á súa carreira como xogadora aos 29 anos por motivos familiares. En novembro dese mesmo ano publicou nas súas redes sociais que estaba embarazada.
Salto aos banquillos Na primavera de 2020 o seu antigo equipo, Ilves Naiset, nomeouna como nova adestradora xefa. A falta de experiencia de Leppänen como adestradora fixo que axiña saltaron críticas por non ofrecer o posto a unha persoa cunha maior traxectoria, preguntándose mesmo as voces críticas que podía achegar ao xogo e ao equipo o nomeamento de Leppänen que non fora publicidade momentánea.
Na tempada 2021-22, o Ilves finalizou a liga regular na cuarta posición logo de encadear seis derrotas consecutivas. As súas rivais nos cuartos de final dos play-offs foron as xogadoras do TPS (quintas clasificadas) contra as que caeu en catro encontros (1-3). O día seguinte da eliminación das series polo título, o Ilves anunciou que Leppänen non continuaría no posto de adestradora xefe na tempada 2022-23, e en declaracións ao xornal Aamulehti, a xa ex adestradora sinalaba novamente motivos familiares.
Notas
Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Ylöjärvi Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo olímpicos de Finlandia Categoría:Xogadoras do Ilves Naiset Categoría:Xogadoras de Espoo Blues Naiset Categoría:Adestradoras e adestradores do Ilves Naiset Categoría:Gañadoras do Trofeo Katja Riipi Categoría:Gañadoras do Trofeo Riikka Nieminen