O río Limay é un importante curso de auga da Patagonia arxentina que ten a súa orixe no lago Nahuel Huapi e flúe en dirección nordés, formando a fronteira entre as provincias de Neuquén e Río Negro, até confluír co río Neuquén na cidade de Neuquén dando lugar ao nacemento do río Negro. Drena unha ampla conca de 63 700 km² e ten unha lonxitude duns 500 km, aínda que se considera a súa fonte máis afastada chega aos 617 km. As súas augas pertencen á conca do océano Atlántico.
Toponimia O nome Limay é de orixe mapuche, co significado de «transparente» ou «límpido».Aguas patagónicas. Río Limay. Consultado 9/9/14Inter patagonia, diccionario mapuche. Consultado 9/9/14Guía Verde, toponimia mapuche . Consultado 9/9/14Alihuen, diccionario mapudungun . Consultado 9/9/14
Xeografía O río Limay nace no extremo oriental do lago Nahuel Huapi e percorre de xeito cobregueante uns 500 km en dirección noroeste, sumando afluentes como os ríos Traful, Pichileufú, Collón Curá e Picún Leufú, até atoparse co río Neuquén, formando na súa confluencia o río Negro.
A fonte máis afastada do río é a seguinte: fonte do lago Espejo (21,7 km) → río Espejo (1,2 km) → lago Espejo Chico (3,2 km) → río Ruca Malén (2,8 km) → lago Correntoso (17,2 km) → río Correntoso (0,3 km) → lago Nahuel Huapi (74,6 km).
As súas augas son claras, e posúe un importante caudal. A súa conca posúe unha área duns 63 700 km² e inclúe a maioría dos ríos e arroios da conca do atlántico na rexión, como tamén unha extensa rede de lagos interconectados (Nahuel Huapi, Correntoso, Moreno, Gutiérrez). O río posúe unha importante poboación de troitas, e é popular a práctica da pesca, e o descenso en caiacs e balsas.
Caudais O caudal do río vai aumentando a medida que recibe afluentes. Segundo series de finais de século XX, os seus valores medios en distintos fitos do seu curso son:Secretaría de Energía – República Argentina. Catálogo de Recursos Hídricos. 2003. Páx 44, 48 e 50
Alicurá: 276 m³/s
Piedra del Águila: 713 m³/s
El Chocón - Arroyito: 722 m³/s.
Segundo series de mediados de século XX o caudal medio co que chegaba á confluencia era de 757 m³/s.Pulita, Alicia E (coord) Geografía física de Río Negro 1978. Cap. IV El agua, elemento vital. Páx 10 - 12.
Aproveitamento hidroeléctrico Dado que o lago Nahuel Huapi atópase a unha altitude de 764 msnm, instaláronse sobre a canle do Limay sucesivas represas hidroeléctricas coa finalidade de aproveitar a forza hidráulica dispoñible. As mesmas son Alicurá, Piedra del Águila, Pichi Picún Leufú, El Chocón e Arroyito.
Nas súas proximidades, e alimentada con auga do Limay, construíuse a única planta de auga pesada de Suramérica (ENSI).
Imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rivers Network: Mapa da conca do río Limay
Categoría:Ríos da Arxentina