As leis de conservación son ás leis físicas que postulan que, durante a evolución temporal dun sistema illado, certas magnitudes teñen un valor constante. Posto que o universo enteiro constitúe un sistema illado poden aplicárselle diversas leis de conservación. Están relacionadas con simetrías do sistema considerado, de xeito que a cada lei deste tipo lle corresponde unha simetría.

As leis de conservación máis importantes en mecánica e electromagnetismo clásicos son:

Conservación da enerxía. Conservación do momento lineal. Conservación do momento angular. Conservación da carga eléctrica.

En mecánica cuántica e física nuclear ás anteriores engádenselles estoutras:

Conservación do número leptónico. Conservación da carga de cor. Conservación da probabilidade. Simetría CPT.

Ademais das anteriores tanto en mecánica clásica (MC) como en mecánica cuántica (MQ) úsanse en certos contextos leis de conservación aproximadas, é dicir, que non son universais para todos os procesos aínda que si para unha boa parte dos procesos físicos coñecidos:

Conservación da masa ou cantidade de materia (MC). Conservación do número bariónico, ver anomalía quiral (MQ). Conservación de aroma, violada nalgunhas interaccións débiles (MQ). Conservación da paridade violada polo experimento Wu (MC e MQ). Simetría CP (MQ).

Categoría:Leis da física