María Ignacia Ramos Díez, nada no Cádavo (Baleira) o 20 de setembro de 1910 e finada en Lugo o 26 de abril de 2001,La Voz de Galicia, 27-4-2001, p. 25. foi unha mestra e escritora galega, de escasa produción, que publicou baixo os pseudónimos Silgar e María Silgar. Foi nai da historiadora da arte María Victoria Carballo-Calero.
Traxectoria Foi a segunda filla de José Ramos Rego e de Pilar Díez Cortón. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela en Filosofía e Letras, na rama de Historia. O 9 de outubro de 1933 casou con Ricardo Carballo Calero na igrexa parroquial de Santiago (outrora templo do convento de relixiosas dominicas de Santa María a Nova).Figueroa; Figueroa; Reimunde e Penabade. Roteiro polos espazos vitais de Ricardo Carvalho Calero en Lugo Xunta de Galicia. Tiveron dúas fillas, Margarita (1936) e María Victoria (1942). Colaboradora na sombra en todos os traballos do seu home, foi tamén unha grande influencia na súa obra literaria, achegándoo á vida da sociedade rural galega.
Durante a guerra civil e a posguerra, no que Carballo estivo preso en Xaén, ela mantivo a familia traballando en academias en Ferrol. Posteriormente exerceu a docencia en Lugo e Santiago de Compostela. Escribiu en Vida Gallega (1957) e na revista Grial como "Silgar” e “María Silgar”.
Trala morte do seu home, dedicouse a manter viva a súa memoria e doou a súa biblioteca ao Parlamento de Galicia.
Obra "El viejo Sangenjo". Vida Gallega (1957). Historias da miña terra: "O compadre"; "Unha merenda"; "O rato"; "A nena laída"; "A nena que non tiña boneca". Grial número 36 (1972), pp. 222-235.Grial número 36 (abril-maio-xunio 1972) Editorial Galaxia. Historia da miña terra: "O Herdeiro da degolada". Grial número 42 (1973), pp. 458-462.Grial número 42 (outubro-novembro-decembro 1973) Editorial Galaxia. Abuelas en la modista. Juguete cómico, obra de teatro representada no Colexio Fingoi.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en 1910 Categoría:Nados en Baleira Categoría:Finados en 2001 Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega