Alejandra de Paz González, coñecida deportivamente como Ale de Paz, nada en Neda o 25 de maio de 1995, é unha xogadora galega de fútbol sala. Xoga de á no Marín Futsal da Primeira División de España e é internacional coa selección española, coa que se proclamou dúas veces campioa de Europa.
Traxectoria Despois de xogar no Comarcal A Fervenza, pasou ao Valdetires Ferrol, equipo co que debutou na Primeira División na tempada 2013/14. Dous anos máis tarde fichou polo Poio Pescamar, no que militou durante catro tempadas, todas elas na máxima categoría.
Na 2019/20 fichou polo Burela, co que gañou na súa primeira tempada a liga, a Copa da Raíña, a Supercopa de España e a Copa das 4 Nacións. Na súa segunda campaña revalidou os tres títulos nacionais, sendo a máxima goleadora do equipo na liga, con 18 tantos, e marcando tres dos cinco goles do seu equipo na final contra o Futsi Navalcarnero (2-5). Finalmente na tempada 2021/22 gañou unha terceira Copa da Raíña e tamén a terceira Supercopa.
En xullo de 2022 deixou a Mariña para fichar polo Marín Futsal, equipo tamén da máxima categoría.
Selección nacional En novembro de 2019 foi convocada por primeira vez pola selección española, para xogar dous partidos amigables contra Eslovenia. En 2022 disputou a súa primeira Eurocopa, na que foi a segunda edición do torneo continental. Tivo destacadas actuacións na competición e foi autora de seis goles, dous deles na final disputada na vila portuguesa de Gondomar diante da selección anfitrioa, partido que se decidiu a favor do equipo español na quenda de penaltis.
Un ano despois gañou a súa segunda Eurocopa consecutiva, volvendo marcar na final, desta vez ante Ucraína en Debrecen.
Palmarés Burela Primeira división de España (2): 2019/20, 2020/21. Copa da Raíña (3): 2019/20, 2020/21, 2021/22. Supercopa de España (3): 2019/20, 2020/21, 2021/22. Copa das 4 Nacións (1): 2020.
Selección española Eurocopa (2): 2022, 2023.
Estatísticas ClubDiv.TemporadaLigaCopasnacionaisTorneosinternacionaisTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.Goles A Fervenza2.ª - - - - - - - - - - ----Total club---------------- 1.ª2013-14281320 - - - - - - - -2813202.ª2014-15 - - - - - - - - - - ----Total club281320--------281320 1.ª2015-1629440 - - - - - - - -294402016-173017201000 - - - -3117202017-182612001000 - - - -2712002018-192910201000 - - - -301020Total club11443803000----1174380 1.ª2019-20221240320022 - -2716402020-212517407300 - - - -322040Total club4729801050022--593680Total carreira189851801350022--20492180
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Datos da futbolista no sitio web oficial do Club Deportivo Burela Fútbol Sala Feminino.
Categoría:Nados en 1995 Categoría:Nados en Neda Categoría:Futbolistas de Neda Categoría:Xogadores de fútbol sala de Galicia