A Wikipedia en scots (en ) é a edición da enciclopedia libre Wikipedia en lingua scots. Foi creada o 23 de xuño de 2005, e acadou os 1 000 artigos en febreiro de 2006, e os 5 000 en novembro de 2010. A Wikipedia en scorts é unha das oito Wikipedias escritas nunha lingua ánglica ou nun pidgin/crioulo baseado no inglés, sendo as outras a Wikipedia en inglés, a Wikipedia en inglés simple, a Wikipedia en anglosaxón, a Wikipedia en pitcairnés, a Wikipedia en tok pisin, a Wikipedia en patois xamaicano e a Wikipedia en sranan tongo.
En agosto de 2020, esta edición en scots recibiu o escrutinio dos medios de comunicación pola mala calidade dos seus escritos e descubriuse de que polo menos 20.000 artigos foran escritos por un editor que non falaba o idioma. Esta atención levou a unha revisión máis ampla do contido da wiki por falantes escoceses e editores da comunidade Wikipedia. Elimináronse a maioría dos artigos deste usuario, o que levou a unha diminución do número total de artigos do proxecto de preto de 55 000 en 2018 a arredor de 40 000 en 2021.
Esta versión da enciclopedia contén artigos e usuarios, dos cales son activos.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Wikipedia en scots Wikipedia en scots (móbil)
Scots Categoría:Lingua scots Scots