Jarrett Culver, nado o 20 de febreiro de 1999 en Dallas, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Rio Grande Valley Vipers da NBA G League.
Traxectoria profesional Culver foi escollido na 6ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Phoenix Suns, e os seus dereitos foron traspasados ós Minnesota Timberwolves, a cambio de Dario Šarić e a 11ª elección dese Draft, nun traspaso que se fixo oficial o 6 de xullo de 2019. Dous días máis tarde, o 8 de xullo, Culver asinou cos Timberwolves. O 23 de outubro de 2019, Culver debutou na NBA, facendo catro puntos e dúas asistencias na vitoria dos Timberwolves por 127–126 contra os Brooklyn Nets.
O 25 de agosto de 2021, Culver e Juancho Hernangómez foron traspasados ós Memphis Grizzlies a cambio de Patrick Beverley.
O 12 de setembro de 2022, Culver asinou cos Atlanta Hawks. O 14 de xaneiro de 2023, os Hawks cortaron a Culver.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Dallas, Texas Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos Atlanta Hawks