A final da Copa do Rei de fútbol 2001/02 foi a centésima final desde a creación da competición. Tivo lugar o 6 de marzo de 2002 no estadio Santiago Bernabéu, en Madrid, e foi disputada entre o Real Madrid e o Deportivo da Coruña, con arbitraxe de Manuel Mejuto González. O Deportivo levantou o trofeo por segunda vez na súa historia cunha vitoria por 1-2, nun partido que pasou á historia como o Centenariazo, pois ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid.
Antecedentes Foi a 35ª final de Copa do Rei para o Real Madrid, que contaba naquel momento con 17 títulos nas súas vitrinas. Facía dez anos dende a súa última presenza nunha final de Copa, a que perdera contra o Atlético de Madrid na campaña 1991/92. Para o Deportivo da Coruña foi a segunda final, sete anos despois da conquista do seu primeiro título contra o Valencia no mesmo estadio, o Santiago Bernabéu. No campionato de liga, o Real Madrid, vixente campión, ocupaba naquel momento a segunda posición, a un punto do líder, o Valencia; mentres que o Deportivo era terceiro.
O Real Madrid chegou á final eliminando polo camiño ao Pájara Playas, a UD Lanzarote, o Nàstic, o Rayo Vallecano e o Athletic de Bilbao. Pola súa banda, o Deportivo derrotou a Marino de Luanco, Cultural Leonesa, L'Hospitalet, Valladolid e Figueres. Por petición do Real Madrid, a RFEF elixiu como sede da final o Estadio Santiago Bernabéu e como data o 6 de marzo, o día no que o club cumpría 100 anos de historia.
A final
Resumo do partido O Deportivo saíu cun xogo ofensivo dende o primeiro momento e aos 2 minutos Diego Tristán tivo a primeira ocasión de gol, cun lanzamento dende a beira da área que puxo nun apuro a César. Cando aínda non se cumpriran 6 minutos, chegou o primeiro gol para o equipo galego, obra de Sergio nunha xogada individual na que lle realizou un caneo a Fernando Hierro antes de internarse na área e superar ao porteiro do Real Madrid. Aos 38 minutos o Deportivo anotou o segundo, despois de que Diego Tristán rematase á portería un pase de Valerón. No descanso Vicente del Bosque retirou a Pavón e deu entrada a Solari. O equipo conseguiu recortar distancias cun gol de Raúl a pase de Morientes, pero o Deportivo continuou dominando e o partido acabou co 1-2 no marcador.
Detalles do partido
Aliñacións
(4-4-2)GK13 CésarDF2 Míchel SalgadoDF4 Hierro (c)DF22 PavónDF3 Roberto CarlosMF10 FigoMF24 MakéléléMF6 HelgueraMF5 ZidaneFW7 RaúlFW9 MorientesSuplentes:GK1 CasillasMF8 McManamanMF14 GutiMF16 Flávio ConceiçãoMF21 SolariAdestrador: Vicente del Bosque(4-2-3-1)GK1 MolinaDF12 ScaloniDF5 CésarDF4 NaybetDF3 RomeroMF16 SergioMF6 Mauro Silva (c)MF18 VíctorMF21 ValerónMF10 FranFW9 TristánSuplentes:GK13 NunoDF15 CapdevilaMF8 DjalminhaMF23 DuscherFW7 MakaayAdestrador: Javier Irureta
Na cultura popular O partido pasou á historia co alcume de Centenariazo, xa que ese día cumpríanse cen anos da fundación do Real Madrid, e o club tiña preparada unha gran celebración, que pensaba culminar co título de Copa. Agardábase que o equipo branco gañase a final con comodidade, xa que nese momento era un dos equipos máis competitivos de Europa (dous meses despois proclamouse campión de Europa) e a final disputábase no seu estadio, o Santiago Bernabéu.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Emisión íntegra de TVE do partido en YouTube Revisión do evento en Marca.com
2001 Categoría:Fútbol en 2002 Categoría:Partidos do Deportivo da Coruña Categoría:Partidos do Real Madrid CF