Michel Georges Jean Ghislain Preud’Homme, máis coñecido como Michel Preud'homme, nado en Ougrée, preto de Liexa o 24 de xaneiro de 1959, é un adestrador de fútbol belga e francófono, que tivo un recoñecido pasado como porteiro. Como xogador, desempeñou o mellor da súa carreira no Standard de Liège, (co que conseguiu 2 títulos de campión belga), no YRKV Mechelen (co que gañou unha Recopa de Europa o último trofeo europeo conseguido por un club belga) e no Benfica de Lisboa. Disputou 104 partidos europeos, o primeiro deles contra o Slavia de Praga, o 14 de setembro de 1977 coa camisola branquivermella do Standard de Liège.
No Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 foi galardoado co Premio Yashin que o cualificaba coma o mellor porteiro do mundo, nunha clasificación na que Preud'homme figurou no top 10 durante oito anos. Retirouse como xogador en 1999 pero nunca deixou totalmente o mundo do fútbol. Na actualidade é adestrador do Standard de Liège, logo de ser director deportivo nese mesmo club. Como consecuencia dese nomeamento como técnico, producido o 30 de agosto de 2006, dimitiu dos seus cargos na federación belga de fútbol, onde era vicepresidente, e na Liga profesional de fútbol belga, onde o seu nome soaba como vindeiro presidente.
Conseguiu por dúas veces a Bota de ouro belga en 1987 e 1989.
Carreira como porteiro 1977-1986 : Standard de Liège 1986-1994 : YRKV Mechelen 1994-1999 : Benfica
Carreira como adestrador 2001-2002 : Standard de Liège 2006- : Standard de Liège
Categoría:Nados en 1959 Categoría:Nados na provincia de Liexa Categoría:Futbolistas de Bélxica Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Standard de Liège Categoría:Xogadores do KV Mechelen Categoría:Xogadores do SL Benfica Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Bélxica Categoría:Adestradores de fútbol de Bélxica Categoría:Adestradores do KAA Gent Categoría:Adestradores do FC Twente