Luz Campello García, nada na Granxa Vella (Labrada, Guitiriz) en 1966, é unha traballadora social e escritora galega.
Traxectoria Estudou na Universidade Complutense de Madrid e despois fixo Socioloxía na Universidade da Coruña.
É xefa de servizo de Traballo Social no Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. Colaborou na revista Xermolos e en 2005 gañou o V Certame Poesía da Irmandade de Centros Galegos de Euskadi. Membro fundadora da NPG (Nova Poesía Guitirica) xunto con Antón de Guizán, Pastora Veres e outros.
Obra poética Do corazón da terra (2009). Fundación Manuel María. Prólogo de Pilar Pallarés. Inventario do prohibido (2015). Culleredo: Espiral Maior. 74 páxs. ISBN 9788492646890. Prólogo de Eva Veiga. Ben sabe o mar que posúo o botín das piratas (2022). Vigo: Galaxia, Col. Dombate. 90 páxs. ISBN 978-84-9151-944-7.
Obra colectiva
Plaquette Do xardín que agora pisas. III Encontro de Pintura e Poesía. Concellaría de Cultura do Concello de Culleredo. 2010 Patria obsidiana. Revista Multidisciplinar de insuficiencia cutánea aguda. Ed. Proyecto Lumbre. 2016 Na cerna do gran carballo. Libro “Poemas para Alfonso Blanco, pregoeiro da luz”. Concello de Guitiriz. 2018 Narrativa do verso. Revista dixital GaZeta Nº 1. Revista de Agrupacións Poéticas de Base. www.npggazeta.gal. 2020
Vida persoal Ten tres fillos: Simona, Mateo e Pedro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Campello: En los poemas quería plasmar la magia de la infancia. Entrevista en El Progreso.
Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Guitiriz Categoría:Nados en 1966 Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid