Avelino Méndez Suárez, coñecido como Asturiano, nado en Oviedo cara a 1914 e finado en Vilacova (Lousame) o 24 de abril de 1939, foi un mineiro e sindicalista anarquista asturiano.
Traxectoria Instalado en Lousame, pertenceu ao Sindicato Minero y Profesiones Varias das minas de San Fins. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na resistencia marchando cos mineiros a Santiago de Compostela e despois á Coruña. Logo fuxiu ao monte. Formou parte do grupo de guerrilleiros comandado por Ramón Rodríguez Varela no que se integraron Celestino Horta Resúa, Hilario Arroyo, Manuel Fernández Valle, Abdón de Ces e José Dias, que actuaron en Lousame. Logo dun atraco nas minas o 14 de abril de 1937 tentaron marchar cara Asturias. Ao non conseguilo volveron a Lousame e seguiron agochados no monte. Avelino foi asasinado nunha galería na que se agochaba na Feosa polo cabo da Garda Civil Ríos, destacado nas minas de San Fins, o 24 de abril de 1939.
Véxase tamén Bibliografía
Breve historia da coluna Sanfins
Categoría:Guerrilleiros antifranquistas Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1939