Pisanello, pseudónimo de Antonio di Puccio Pisano, nado en Pisa ou en Verona ca. 1390 e fina en Nápoles ca. 1455, foi un pintor, debuxante e medallista italiano, considerado un dos maiores expoñentes do estilo gótico internacional no seu país."Il Pisanello". En Encyclopædia Britannica."Pisanèllo, Antonio di Puccio Pisano detto il". Enciclopedia Treccani on line.Gianandrea, M. (2006). Degenhart, B. (1961).Venturi, A. (1935).
Como pintor, coñécese sinaladamente polos seus frescos de grandes dimensións, entre o realismo e o mundo fantástico, con trazos precisos, numerosas figuras e cores brillantes, aínda que moitas destas obras non se conservan hoxe, por diferentes razóns, entre elas o posterior cambio de padróns estéticos entre o Renacemento e o Barroco.Zuffi, S. (2004). Páxina 336.Estímase que apenas se conserva entre o 5 % e o 8 % da obra pictórica de Pisanello. [En Zeri, F. et al. (1999). Páxina 33].
Como medallista, foi o primeiro en retomar a tradición das medallas de retrato, coa dedicada a Xoán VIII Paleólogo, en 1438."Medal of Emperor John VIII Palaeologus". Web Gallery of Art. Esta medalla abriu unha serie da que hoxe se conservan 23, coñecidas como as "medallas de Pisanello", que converteron o seu autor nunha das figuras senlleiras da medallística do seu tempo.Forrer, L. (1909). Páxinas 564-581.Zeri, F. et al. (1999). Páxina 33."Portrait Medals: History and Production Processes. Pisanello and the History of the Renaissance Medal". The Metropolitan Museum of Art.
Como debuxante acadou unha precisa análise do mundo natural, como testemuña a súa amplísima produción neste xénero.De Vecchi, P.; Cerchiari, E. (1999). Páxina 12. Son célebres os seus debuxos de persoas e animais ao natural, entre os mellores da época e só superados a finais do século XV por artistas como Leonardo da Vinci ou Albrecht Dürer.Dell'Acqua, G. En VV.AA. (1966). Páxina 5.
Foi aclamado por moitos poetas, sobre todo por Guarino Veronese, e polos literatos e humanistas da época, como Porcellio. Traballou para o Dux de Venecia, para o Papa, para as cortes de Verona, Ferrara, Mantua, Milán e Rimini, e nos derradeiros anos para o rei de Nápoles. No entanto, cara á metade do século XV, a súa celebridade minguou notablemente, coa entrada da nova linguaxe estética renacentista. Malia a evidente influencia deste novo estilo na súa obra, a visión estilística de Pisanello non chegou a adoptar unha perspectiva racional da espacialidade.
Traxectoria miniatura|340x340px|Sinatura de Pisanello na súa obra Aparición da Virxe e o Neno a Santo Antonio Abade e a San Xurxo (ca. 1435-1441). Aínda se descoñecen grandes períodos da vida de Pisanello. Mesmo a súa data de nacemento é incerta, xeralmente situada entre 1380 e 1395, en tanto que a súa morte se supón entre 1450 e 1455. No tocante ao lugar de nacemento, a hipótese máis estendida de que naceu en Pisa baséase unicamente no seu nome, moi probablemente derivado do do seu pai, Puccio di Giovanni di Cerreto, que era, efectivamente, natural de Pisa. Mais outros estudosos apuntan a que o nacemento se produciu en Verona, cidade coa que o seu pai tivera moitas ligazóns comerciais e onde contraera matrimonio. Xa que logo, resulta tamén probable que Pisanello nacera realmente en Verona, a cidade natal da súa nai, aínda que esta hipótese non se puido constatar.Chiarelli, R. (1958). Páxina 83.
Durante preto de catro séculos, o artista foi chamado erroneamente Vittore Pisano, a partir da confusión de Giorgio Vasari en Le Vite, probablemente co célebre almirante do século XIV. O erro non foi evidenciado ata 1902, cando Zippel publicou unha oratoria do erudito ferrarés Ludovico Carbone, na que se mencionaba un retrato do duque realizado por Antonius Pisanus. O nome de Antonio foi confirmado posteriormente de xeito documental, logo dunha investigación realizada e publicada por Biadego entre 1906 e 1918.
Infancia O primeiro dato documental relativo a Pisanello data de 1395, cando o seu pai, Puccio di Giovanni di Cerreto, fixo testamento pouco antes de morrer e elixiu o seu fillo Antonio como herdeiro universal e a súa esposa, Elisabetta Zupperio, como usufrutuaria. Esta escritura, copia da orixinal, aparece contida nun documento posterior datado en Verona en 1424.
Existe unha anotación no rexistro da parroquia veronesa de San Paolo que indica que Antonio tiña 36 anos en 1433 e que, por tanto, se presume incorrecta, xa que situaría a súa data de nacemento en 1397, dous anos despois do testamento do seu pai.
En 1404 a súa nai casou en segundas nupcias con Bartolomeo da Pisa, con quen xa tivera unha filla anteriormente, en 1398. Entre 1409 e 1411 nos documentos da Facenda de Verona o nome de Isabetta aparece adoito como cabeza de familia; de feito, en 1409 cítase como viúva do seu segundo marido, en tanto que o nome de Antonio non aparece reflectido ata 1443, un ano despois da morte da súa nai.
Formación en Verona miniatura|190x190px|Medalla co busto de Pisanello, atribuída a Antonio Marescotti. Ata aproximadamente 1415, Pisanello tivo que permanecer en Verona. Da documentación despréndese que as condicións familiares eran boas.
Coñécese pouco acerca da súa formación. A reconstrución feita por Vasari dunha aprendizaxe florentina no obradoiro de Andrea del Castagno é hoxe comunmente rexeitada. En realidade, a carencia de obras atribuíbles con certeza á etapa xuvenil de Pisanello fai imposible a comparación coa obra dos posibles mestres, para albiscar as influencias. O único dato plausible é que esta formación tivo lugar en Verona, probablemente baixo a dirección de Stefano. Como apoio desta tese, algúns autores mencionan como probable obra xuvenil a táboa dunha Madonna in trono, conservada no Museo Nacional do Palacio de Venecia en Roma, que reflicte a influencia de Stefano.Coletti, L. (1953).Magagnato, L. (ed.) (1958).Sindona, E. (ed.) (1961). A táboa en cuestión, porén, é de atribución incerta e algúns autores atribúenlla a outros autoresEn particular á cultura lombarda, como Chiarelli, R. (1958). ou mesmo ao propio Stefano.Berenson, B. (1907).Hermanin, F. (1923).
Así e todo, resulta indiscutible que Pisanello asimilou a fondo a gran cultura tardogótica da Italia setentrional, que acadou o seu cumio na súa obra. Por outra banda, a crítica é bastante unánime ao atribuír ao artista na súa etapa xuvenil unha certa influencia do gusto decorativo de Altichiero (á súa vez derivada de Giotto), ligada sobre todo á arquitectura de fondo e ao coidadoso debuxo de animais, sinaladamente os cabalos.
Encontro con Gentile en Venecia Esta lagoa de datos sobre a vida e a obra de Pisanello chegou á fin logo do establecemento dunha sociedade con Gentile da Fabriano. É probable que ambos os artistas se coñecesen en Venecia entre 1415 e 1422, cando se lle encomendou a Pisanello a continuación da decoración dos frescos da Sala do Consello Maior do Palacio Ducal, iniciada por Gentile. Aí Pisanello pintou o episodio de "Federico Barbarroxa suplicando ao seu fillo Ottone", no marco das historias da guerra entre Barbarroxa e o papa Alexandre III. A obra foi retocada por primeira vez en 1488 por Alvise Vivarini e finalmente resultou destruída nun incendio en 1577, polo que non quedou nada dela.
Da segunda colaboración con Gentile da Fabriano só quedan hoxe algúns rastros estilístico-documentais. A Madonna della Quaglia, primeira obra de Pisanello que chegou ata os nosos días, data de arredor de 1420. Nela apréciase a influencia de Gentile sobre todo a partir da comparación con algunhas táboas súas de temática similar, como "A Virxe no trono co Neno e os anxos músicos" (Galería Nacional da Umbría, Perugia) e a "Virxe da humildade" (Museo Nacional de San Mateo, Pisa). No entanto, tamén hai influencias de artistas lombardo-venecianos como Stefano e Michelino da Besozzo, en particular en obras como a "Virxe do Roseto" (Museo de Castelvecchio, Verona), cuxa atribución se alterna entre os dous artistas.
Primeira estadía en Mantua En 1422 Pisanello trasladouse a Mantua ao servizo de Luís III Gonzaga, aínda novo, e comezou a adquirir gran sona nas diferentes cortes lombardas, que empezaron a se disputar os seus servizos. A súa presenza na cidade está documentada entre o 4 de xullo e o 12 de agosto dese ano e, novamente, o 10 de agosto de 1423, en documentos relativos á adquisición dun terreo no barrio de San Paolo. Na corte de Mantua, Pisanello entrou en contacto co xermolo do Humanismo.
En 1423 Gentile da Fabriano achábase en Florencia, traballando no seu retablo "Adoración dos Reis Magos". Tendo en conta as similitudes entre pasaxes desta obra de Gentile e algúns debuxos do Códice Vallardi, que recolle unha boa parte dos debuxos de Pisanello, algúns estudosos suxeriron que este último permaneceu en Florencia durante este período, unha proposta posteriormente descartada ou, polo menos, posta en cuestión pola maioría dos historiadores, con algunhas excepcións, como Luiggi Coletti e Renzo Chiarelli, que aceptan tamén a versión vasariana do artista aínda novo, traballando na primeira Igrexa do Templo, en Florencia.
Pavia miniatura|191x191px|Reverso dunha medalla de Pisanello sobre Xoán VIII Paleólogo (ca. 1438-1439). En 1424, en Pavia Filippo Maria Visconti mandaba restaurar e embelecer o seu castelo en previsión da chegada dun hóspede moi ilustre, o emperador bizantino Xoán VIII Paleólogo. Os frescos de Pisanello no castelo que representan escenas de caza adoitan datarse nese ano.
Desa obra queda só unha descrición feita por Breventano en 1570:Breventano, S. (1570). Stefano Breventano, Istoria della antichità nobiltà, et delle cose notabili della città di Pavia. Libro primo. Páxinas 7-8.Pavia, 1570.
O castelo, de feito, foi alcanzado o 4 de setembro de 1527 pola artillaría do exército francés, que esnaquizou todos os frescos das súas salas.Chiarelli, R. (1958). Páxina 88.
Segunda estadía en Mantua e volta a Verona miniatura|220x220px|Detalle da obra Torneo-batalla de Luovezerp (ca. 1424-1426), fresco no Palacio Ducal de Mantua. No período entre 1424 e 1426, Pisanello estivo na corte dos Gonzaga, como testemuñan varios pagamentos nos seus rexistros administrativos. É probable que a esta época correspondan os frescos do Patio Vello do Palacio Ducal, co frenético "Torneo-batalla de Louvezerp", inspirado no mundo literario cortesán. De feito, na obra aparece o emblema heráldico de Gianfrancesco Gonzaga. A atribución á época de Luís III Gonzaga foi sostida por primeira vez por Johanna Woods-Marsden en 1988 e posteriormente foi rexeitada.
En 1426 tivo que regresar a Verona, consonte a data que figura no monumento a Niccolò Brenzoni na igrexa de San Fermo Maggiore. Esta obra, co aparato escultórico executado polo florentino Nanni di Bartolo, abrangue unha Anunciación na parte superior e os arcanxos Miguel e Rafael aos lados do monumento propiamente dito, nos que son evidentes as influencias de Gentile.
Roma