Cariberto I, nado c. 521 e finado en París en 567, foi rei de París de 561 a 567.
Xenealoxía Fillo de Clotario I e da súa primeira esposa Ingunda.
Biografía Clotario I reunificara con traballo o reino franco de Clodoveo I. Á súa morte, o reino foi dividido novamente entre os seus catro fillos.
Cariberto I recibiu o Reino de París. Neustria tocoulle a Khilperico I. Orleáns (Austrasia) a Sixeberto I. A Borgoña a Gontrán.
En 558, organizou unha expedición contra a rebelión de seu irmán Chram. Á morte de seu pai en 561, foi rei de París, e posuía o oeste da Galia. Fortunato loou a súa cultura en letra e en dereito. Casou con Inxeberga, coa que tivo dúas fillas. Despois abandonouna por dúas fillas dun artesán do obradoiro real: Merofleda e Marcova. Foi excomungado polo bispo Xermán de París despois da súa voda cunha relixiosa chamada Tibilda. En 566, nomeou o seu sobriño político Bertrand como bispo de Bordeos e casou a súa filla Berta co rei de Kent. Morreu o 5 de marzo de 567 en París.
Categoría:Merovinxios Categoría:Finados en 567