Abres é unha parroquia do concello asturiano da Veiga. Nos seus 10,49 km² habitan un total de 187 persoas (segundo datos de 2017), repartidas entre as poboacións de Abres e Refoxos. Está a uns 70 metros de altura sobre o nivel do mar. Atópase na marxe dereita do río Eo, no límite máximo de alcance das mareas do mar Cantábrico, razón pola que o tramo baixo do río se denominou durante séculos "ría de Abres". De feito, na beira esquerda do río, xa en Galiza, atópase a parroquia da Ría de Abres, do concello lucense de Trabada.
Xeografía Localidades Número Nome Poboación (2017) % da poboación de Abres 1 Abres 143 76,47% 2 Refoxos 44 23,53%
Lugares
Demografía
Patrimonio
Igrexa parroquial de Santiago de Abres Dedicada ao Apóstolo, de estilo barroco do século XVIII. Ten pórticos aos pés e espadana de dous ollos. Conserva varios retablos da mesma época da edificación, ademais de dúas imaxes de Santiago, cabaleiro e peregrino. Coñecida como «templo de asilo» desde 1774. No libro da Confraría do Sacramento e do Rosario que se custodia no seu arquivo, consérvase unha bula do Papa Pío VI, datada no ano 1794, pola que se concedía indulxencia plenaria a quen acudise alí:
Castelo de Pividal ou de Miranda Na zonna alta de Abres podemos atopar o Castelo de Pividal cun impoñente torreón almenado. O Palacio é o protagonista dun recinto amurallado e nel destaca o seu blasonada fachada de gusto Barroco, en cuxo frontón figura a data de construción do inmoble: 1674. Conta o recinto con capela, na que se garda a imaxe dunha curiosa advocación moi estendida por toda a conca do EO. Trátase de María da O e é un dos poucos exemplos que se coñecen da Virxe embarazada; do século XVII, a imaxe componse da talla da virxe e unha máis pequena do Neno apoiado no seu ventre. No 2003 foi adquirida polos seus actuais propietarios.
O Cristo da Ponte No lugar da Ponte, existía unha pequena capela que custodiaba unha figura de Cristo na cruz (s. XVII), á que a xente do lugar chama o Cristo da Ponte, imaxe que os peregrinos e camiñantes veneraban antes de cruzar o río Eo e entrar en Galicia. Actualmente esta figura inda existe e pódese observar en bo estado ó pasar polo lugar.
O Dicionario xeográfico-estatístico-histórico de España e as súas posesións de Ultramar de Pascual Madoz fíxose eco da existencia do paso, debido a que preto de tres dos seus piares construíuse unha presa para embalsar a auga que abastecía a tres muíños asentados na zona.
Personaxes ilustres Cándido Sanjurjo Fernández (1919 - 2010), escritor nado no barrio da Ponte en Abres.
Álvaro Fernández Fernández (1880 - 05/01/1988), naceu na parroquia de San Martín de Mohías no concello de Coaña. Estudou teoloxía en Sevilla, filosofía en Mondoñedo e latín en Navia. Ordenouse sacerdote en 1906. Desde 1920 era o titular das parroquias de Santiago de Abres e Guiar, en Asturias, e Ría de Abres en Trabada. Está soterrado no cemiterio parroquial de Santiago de Abres.
No momento do seu falecemento ós 107 anos chegou a ser o cura en activo máis lonxevo de España e do mundo Federico Mediante Noceda (Abres 1888 - Madrid 1951), alcumado como o Salgari Español. Foi autor de máis de 200 obras literarias e considerado "el más popular autor español de novelas del Oeste, policíacas o de aventura". Cabe salientar a súa faceta como xornalista xa que en 1914 viaxou a Arxentina, onde colaborou con xornais como El Argentino ou El Comercio e fundou La Tarde. Colaborou despois en Eco de Galicia, Heraldo de Galicia, El Regional, El Compostelano, La Comarca, Las Riberas del Eo e Vida Gallega. Traballou de actor de teatro e enrolouse nun circo co que visitou Mercedes, Buenos Aires, onde coñeceu a Horentina Acosta Waytorn coa que casou. Retornou a España, instalándose en Madrid. Alí traballou como explicador de películas de cine mudo.
Notas
Categoría:Parroquias da Veiga, Asturias