miniatura|Wenufoye, a bandeira dos mapuche en Chile, feita en 1992 polo Consello de Todas as Terras. O conflito mapuche é un enfrontamento entre as comunidades indíxenas mapuches, que habitan na rexión histórica da Araucania, e os estados de Chile e a Arxentina. A miúdo, refírese como un conflito entre as comunidades mapuches e o goberno ou o estado chileno. As grandes empresas forestais e os seus contratistas, a policía chilena e algúns propietarios non indíxenas enfrontáronse ás comunidades mapuche locais no contexto do conflito.
Os activistas mapuches demandan maior autonomía,«Conflicto mapuche y propuestas de autonomía mapuche», por Javier Lavanchy o recoñecemento dos seus dereitos e a devolución das súas terras históricas. A Coordinadora Arauco-Malleco (CAM) apoia a liberación nacional do pobo mapuche de Chile. O conflito mapuche intensificouse despois da transición chilena á democracia da década de 1990, con activistas mapuches que buscan rectificar a perda de territorio ancestral durante a guerra de Arauco. Os mapuches carecen dunha organización central e os individuos e comunidades desenvolven a súa loita de forma independente e por diferentes medios.
O conflito recibiu a atención internacional de organizacións de dereitos humanos como Amnistía Internacional, que criticaron o trato do goberno chileno aos mapuches. O uso do goberno chileno da "Lei antiterrorista" no conflito é un punto central da polémica ao redor do conflito. En 2013, as Nacións Unidas condenaron o uso da Lei Antiterrorista contra os activistas mapuches.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Conquista do Deserto Guerra de Arauco