miniatura|A bandeira ogoni, deseñada por Tombari Koban. O nacionalismo ogoni é unha ideoloxía política que busca a autodeterminación do pobo ogoni. Os ogonis son un dos moitos pobos que habitan na rexión do sueste de Nixeria. O seu número rolda os 1,5 millóns de persoas e viven a viven nun territorio de 1.050 km² tamén coñecido comom Ogoni ou Ogoniland. Os ogoni comparten os mesmos problemas medioambientais relacionados coa extracción de petróleo que sofre o pobo ijaw no delta do río Níxer.

Os ogonis conseguiron a atención internacional despois dunha campaña masiva de protesta pública contra Shell Oil liderada polo Movemento pola Supervivencia do Pobo Ogoni (MOSOP nas súas siglas en inglés). O uso obrigado polo MOSOP de métodos non violentos para promover os principios democráticos axudan aos ogonis a perseguir os seus dereitos de autodeterminación en cuestións ambientais no delta do Níxer, así como os seus dereitos culturais como pobo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de The Movement for the Survival of the Ogoni People Memorial Events for Tenth Anniversary of November 10 Executions The Ogoni Crisis: A Case-Study of Military Repression in Southeastern Nigeria

Ogoni Categoría:Política de Nixeria