Ánxel Huete Vales, nado en Ourense o 6 de outubro de 1944, é un pintor galego.

Traxectoria Sendo novo participou co seu pai nos faladoiros de Vicente Risco e X. Suárez. Estudou en Barcelona, primeiro na Escola Massana e despois na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi, onde coñeceu as correntes do informalismo catalán. Viaxou por Europa entre 1968 e 1972 e en Londres coñeceu o movemento pop-art, especialmente David Hockney. Continuou a súa formación na Escola Superior de Belas Artes de Berlín. Dende 1969 instalouse na abstracción, que caracteriza toda a súa obra. Foi un dos membros do Grupo Atlántica. Entre 1981 e 1982 viviu en Nova York, onde a súa pintura adquiriu os aspectos cromáticos e espaciais que a caracterizan. A volta a Galicia instalouse en Domaio e traballou a abstracción fundamentada no cromatismo e na harmonización da estrutura dos elementos. Fixo o doutoramento na Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca e obtivo o grao de doutor na Universidade de Vigo. Foi profesor de pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Expuxo na Bienal de Pontevedra, no Museo do Pobo Galego, na Casa da Parra, no Quiosco Alfonso da Coruña, e nas galerías Gruporzán, Abel Lepina, Nordés ("A pintura que mira") ou Trinta. A súa obra está incluída en nas coleccións do Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo de Belas Artes da Coruña, o Museo do Gravado de Buenos Aires, o Museo Municipal Quiñones de León en Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela.

Realizou encargos para espazos públicos como os murais realizados no acceso ao porto de Vigo, o Colexio Público da Armenteira ou a Alameda de Chapela.

Obra

Obra ilustrada Bestiario (2025), de Vítor Vaqueiro. Néspera Editora. ISBN 978-84-125536-11.

Poesía Pintura sen cores (2023). Ribeira: Bourel. A distancia do século (2026). Vigo: Galaxia. 150 páxs. ISBN 978-84-1176-572-5.

Participacións

Los procesos creativos en la experimentación plástica (1996). Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-605-5264-0. Anxel Huete: Casa das Artes, abril-maio (1992). Vigo: Concello, D.L. ISBN  84-87637-04-3. Man de cal/albanelería fina (1997) Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC.  84-453-2043-2 A estructura da memoria (2002). Centro Cultural, Deputación Provincial de Ourense. ISBN 84-87575-56-0. Rosalía Pazo (2003). Centro Cultural, Deputación Ourense. ISBN 84-96011-44-5. Entre Algrove e Pernambuco (2003). Deputación Provincial de Ourense. ISBN 84-96011-54-2. Xosé Luís Méndez Ferrín, para homenaxearte (2006). Casa Galega de la Cultura, Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-319-7. Moi, d'après moi: Eu por min mesmo (2009). Trinta Arte Contemporánea, Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-447-9. Café Voltaire: 10 anos de libros e tertulias en Vigo (2015). Vigo: Galaxia. ISBN  978-84-9865-615-2. Anxel Huete: unha revisión crítica (2017). MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo. ISBN 978-84-943529-2-8. Tempos dun encontro,1981-2017 (2017). Casa das Artes, Concello de Vigo. ISBN 978-84-92425-33-4.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1944 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes