miniatura|Imaxe do enterro do Xeneral Sánchez Bregua tomada por José Sellier, posiblemente realizada no mesmo momento de filmar a película. O Entierro del General Sánchez Bregua está considerado un dos primeiros filmes cinematográficos rodados en Galicia. A cinta non se conserva.
Historia José Sellier rodou en maio de 1897 os seus primeiros filmes: Fábrica de gas, Orzán, oleaje e Plaza de Mina, mais o primeiro filme ao que se lle pode poñer data exacta foi Entierro del General Sánchez Bregua. Rodouno o 20 de xuño de 1897 con ocasión da condución pola cidade da Coruña do cadáver de José Sánchez Bregua, natural de Oleiros e que fora Capitán Xeneral de Galicia e Ministro de Guerra no goberno de Castelar. Foi a primeira rodaxe en España dun filme Lumière non rodada pola empresa Lumière. A cinta, que duraba 1 minuto e estaba gravada a 16 imaxes por segundo, estaba rodada en plano único e frontal.
O filme exhibiuse publicamente o domingo 17 de outubro do mesmo ano.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Filmes rodados en Galicia Categoría:Filmes de 1897 Categoría:A Coruña Categoría:1897 en Galicia