Manuel Rodeiro Casás, nado en Miño en 1965, é un compositor, crítico, escritor e profesor galego.
Traxectoria Rodeiro residiu en Madrid durante boa parte da súa vida profesional. Alí traballou, entre outras institucións, na Orquestra Nacional de España, onde se dedicou a catalogar os fondos da antiga Orquestra Sinfónica de Madrid. Pero a súa actividade principal, e a súa vocación primeira, foi a composición. Naqueles anos compuxo obras de encarga para o Festival Internacional de Música Contemporánea de Alacante, para o Ciclo de Cámara e Polifonía da propia Orquestra Nacional, para o Centro de Difusión da Música Contemporánea, entre outras. Cando fala do prodixio da escritura musical refírese:
A súa traxectoria como compositor caracterizábase, inicialmente, nunha primeira etapa, pola conquista dunha linguaxe esencialmente natural, nun momento no que o panorama musical estaba aínda moi marcado polos restos da vangarda histórica, o que o condicionou en moitos aspectos, e lle creou bastantes problemas no sentido de que nom se sentía a gusto coa expresión, a miúdo tan apocalíptica, que caracterizaba á música contemporánea, o que o levou a buscar un camiño diferente.
Despois dun amplo traballo como compositor, crítico e escritor, obtivo un gran recoñecemento como director e fundador do Departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea.Xornadas de Música Contemporánea 2017 Centro Nacional de Difusión Musical. Ministerio de Cultura y Deporte.
Desde 2003 vive en Barcelona, onde é profesor do Departamento de Teoría Musical e Composición da Escola Superior de Música de Catalunya.
Recoñecementos En 2012 foi galardoado co Premio da Cultura Galega en recoñecemento á súa traxectoria. Manuel Rodeiro mereceu o recoñecemento do xurado na categoría de Música polo seu labor de referencia na creación sonora contemporánea. Compositor, crítico, xestor e pedagogo, Rodeiro dirixiu o departamento de Música do Centro Galego de Arte Contemporánea.
Notas
Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Críticos da arte Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Nados en Miño Categoría:Nados en 1965