miniatura|dereita|250px|Bandeira de Ucraína.
O nacionalismo ucraíno (en ) é a ideoloxía que promove a unidade dos ucraínos arredor do seu propio estado nación. Aínda que o actual estado ucraíno xurdiu hai relativamente pouco tempo, algúns historiadores, como Mykhailo Hrushevsky, Orest Subtelny e Paul Robert Magocsi, citaron o estado medieval da Rus de Kíiv como un primeiro precedente da condición de estado especificamente ucraíno.^ Hrushevsky, Mykhaylo. History of Ukraine. Chartorsky Publishing, New York, 1961. p. 119 As orixes do nacionalismo ucraíno moderno tamén se remontan ao levantamento dos cosacos do século XVII contra a Confederación de Polonia e Lituania dirixida por Bohdan Khmelnytsky.
Nacionalismo cosaco Os cosacos tiveron un papel ao volver espertar un sentido de identidade ucraíno dentro da rexión da estepa.Wilson, Andrew. Ukrainian Nationalism in the 1990s: A Minority Faith. Cambridge University Press. Londres: 1997. 6. Unha figura dominante no movemento cosaco e na historia nacionalista ucraína, Bohdan Khmelnitski (c. 1595-1657), liderou os cosacos zaporogos e dirixiu a rebelión de Khmelnitski contra o goberno polonés a mediados do século XVII. Khmelnitski tamén tivo éxito na lexitimación dunha forma de democracia que fora practicada polos cosacos dende o século XVI. Bohdan Khmelnitski falou da liberación de "todo o pobo ruteno" e investigacións recentes confirmaron que o concepto dunha nación rutena como comunidade relixiosa e cultural existira antes da súa revolución.Serhy Yekelchyk. Ukraine Birth of a Modern Nation. Oxford University Press, 2007. p 28 Os actuais ucraínos aínda lembran e glorifican o papel de Khmelnitski na historia de Ucraína.
Outra figura prominente no nacionalismo cosaco, o hetman Ivan Mazepa (1639-1709), fixo grandes contribucións financeiras que se centraron na restauración da cultura ucraína e da historia durante o século XVIII. Financiou importantes reconstrucións da Catedral de Santa Sofía de Kíiv, e a elevación do status da Universidade Nacional "Academia Mohila de Kíiv" de simple academia a Universidade no ano 1694.Orest Subtelny, "Ukraine: a History", University of Toronto Press, 2000, , p. 164
Símbolos Símbolos do estado nación ucraíno e dos partidos nacionalistas:
Notas
Categoría:Política de Ucraína