miniatura|Bandeira da Rebelión Árabe coas cores panárabes. miniatura|264x264px|O mundo árabe.

O panarabismo (en ) é unha ideoloxía política que defende a unificación dos países de África do Norte e Asia Occidental, dende o océano Atlántico até o mar Arábigo, os cales son coñecidos colectivamente como mundo árabe. Está estreitamente conectado co nacionalismo árabe, que defende a idea de que os árabes constitúen unha única nación. A súa popularidade acadou o seu cumio durante as décadas de 1950 e 1960. Os defensores do panarabismo a miúdo defenderon os principios socialistas e opuxéronse firmemente á implicación política occidental no mundo árabe. Tamén procuraron apoderar os estados árabes contra forzas externas mediante a formación de alianzas e, en menor medida, a cooperación económica."Arab Unity." The Continuum Political Encyclopedia of the Middle East. Ed. Avraham Sela. New York: Continuum, 2002. pp. 160–166.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Arab Nationalism: Mistaken Identity por Martin Kramer Sample chapter from Arab Nationalism in the Twentieth Century por A. Dawisha "Pan-Arabism on the March?: Israel Weighs the New Challenge" por Nissim Rejwan

Categoría:Panarabismo Categoría:Pannacionalismo Categoría:Conflito árabe-israelí