Nonito Pereira Revuelta, nado na Coruña o 22 de xullo de 1943 e finado na mesma cidade o 26 de novembro de 2019, foi un empresario, produtor, e periodista musical galego.
Traxectoria
Activo no panorama musical galego dende a década de 1960, nos anos 70 foi produtor de artistas como Emilio Cao ou Milladoiro, debéndoselle a entrada do folk galego na denominada música celta. Foi creador do selo Abrente, presentador de diversos programas de radio e televisión ou impulsor do festival Noroeste Pop Rock.
Obra Historias, histerias y anécdotas musicales de La Coruña (2003). Recoñecementos
En outubro de 2019 naceu a Asociación Musical Nonito Pereira, destinada a promover o traballo de Pereira así como potenciar o desenvolvemento da cultura musical.
Notas
Categoría:Nados en 1943
Categoría:Finados en 2019 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Empresarios musicais Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes