Walter Rudolf Hess, nado en Frauenfeld o 17 de marzo de 1881 e finado en Locarno o 12 de agosto de 1973, foi un fisiólogo suízo que gañou o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1949, compartido con António Egas Moniz, por determinar as áreas do cerebro relacionadas co control dos órganos internos.
Traxectoria Hess naceu en Frauenfeld, cantón de Turgovia (Suíza). Recibiu o título de médico pola Universidade de Zürich en 1906, e converteuse en cirurxián e oftalmólogo. En 1912 deixou a lucrativa práctica privada da oftalmoloxía e dedicouse á investigación.
Os seus principais intereses foron a regulación sanguínea e a respiración. Como un abandono destas primeiras investigacións, empezou a mapear as partes do diencéfalo que controlan os órganos internos. Desde 1917 até 1951 foi profesor e director do Departamento de Fisioloxía da Universidade de Zürich.
Hess morreu en Locarno, cantón de Tesino (Suíza).
Algunhas publicacións Das Zwischenhirn und die Regulation von Kreislauf und Atmung. Leipzig: Thieme, 1932. Die funktionelle Organisation des vegetativen Nervensystems. Basel: Schwabe, 1948. Das Zwischenhirn. Syndrome, Lokalisationen, Funktionen. Basel: Schwabe, 1949; 2. erweiterte Auflage 1954. Hypothalamus und Thalamus. Experimental-Dokumente. Stuttgart: Thieme, 1956. Psychologie in biologischer Sicht. Stuttgart: Thieme, 1968.
Honores Membro da Leopoldina Membro da Academia Pontificia das Ciencias Marcel Benoist Prize, 1932. Doutor honoris causa polas Universidades de Berna, Xenebra, McGill University e Friburgo. Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina, 1949.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Biografías de Premios Nobel .
Categoría:Científicos de Suíza Categoría:Personalidades da fisioloxía Categoría:Alumnos da Universidade de Zürich Categoría:Profesores da Universidade de Zürich Categoría:Nados no cantón de Tesino Categoría:Nados en 1881 Categoría:Finados en 1973