Adolphe Edmond Dieudonné, nado en París o 31 de xaneiro de 1868 e finado na mesma cidade o 4 de agosto de 1945, foi un numismático francés vinculado ao Gabinete de Medallas e Moedas da Biblioteca Nacional de Francia.

Traxectoria Adolphe Dieudonné naceu o 4 de agosto de 1868 no parisiense bulevar Voltaire, fillo de Marié Léonie Garnier e do enxeñeiro ferroviario Marie Henry Camille Dieudonné (1836-1891), de ascendencia normanda.

Cursou a súa educación primaria e secundaria na escola Rocroy-Saint-Léon e no colexio Rollin, na súa cidade natal, e en 1891 ingresou na École des Chartes,R. L. (1951). onde acadou o seu título de arquiveiro paleógrafo, mediante a presentación dunha tese sobre Hildebert de Lavardin, bispo de Le Mans no século XII.Véxase (1898) en "Publicacións".

Dieudonné comezou a traballar en 1895 na Biblioteca Nacional de Francia, no Departamento de Impresións. No entanto, o 7 de novembro de 1896 pasou a estar adscrito ao Departamento de Medallas e Moedas, onde se lle encomendou colaborar nos traballos de clasificación das moedas da colección Waddington, baixo a dirección de Ernest Babelon.Babelon, E. (1898). Inventaire sommaire de la Collection Waddington acquise par l'État en 1897. Rollin, París Neste departamento permaneceu durante toda a súa carreira profesional, ata o seu retiro en 1937. En 1913 foi nomeado conservador adxunto do Gabinete de Medallas e en 1924 pasou a substituír a Ernest Babelon na dirección, como conservador titular.Babelon, J. (1938). Páxina 226.Le Gentilhomme, P. (1946). Páxinas 428-429.

O seu interese centrouse inicialmente na numismática antiga, sobre a que publicou numerosos artigos na revista Revue numismatique, publicada pola Sociedade Francesa de Numismática. Nalgúns casos, nestas colaboracións presentaba as adquisicións de moedas gregas e romanas do Gabinete de Medallas e Moedas, entre 1895 e 1905. Logo da saída de Maurice Prou do Gabinete, Doieudonné pasou a focalizar o seu interese na historia da moeda francesa, sobre todo nas emisións reais e feudais, tema central das súas monografías posteriores.

Entre 1906 e 1934 foi secretario da Revue numismatique e novamente ocupou o mesmo cargo no período 1939-1942.Lafaurie, J. (1986). "La Revue numismatique a 150 ans". En Revue numismatique. Volume 6. Nº 28. Páxinas 7-50.

En paralelo á numismática, Dieudonné encargouse tamén, como epigrafísta, do inventario das inscricións antigas do Gabinete de Medallas.Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 429.

Adolphe Dieudonné foi tamén profesor de Numismática na École des Chartes.Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 430. Entre outras sociedades e entidades eruditas, foi membro da Sociedade Francesa de Numismática, que presidiu entre 1916 e 1918,"Les présidents de la SFN". Société française de numismatique. e da Sociedade Nacional de Anticuarios de Francia."Dieudonné Adolphe Edmond". Comité des travaux historiques et scientifiques.

O 4 de agosto de 1945 faleceu aos 77 anos nun hospital de París, como consecuencia das feridas sufridas ao ser atropelado por un camión uns días antes.Le Gentilhomme, P. (1946). Páxina 428.

Recoñecementos

1927: Medalla da Royal Numismatic Society, de Londres."The Society’s Medal". Royal Numismatic Society. 1930: (12 de abril): Cabaleiro da Lexión de Honra."Dieudonné, Adolphe Edmond". Base de donées Léonore. 1932: Medalla Huntington, da American Numismatic Society, de Nova York."Recipients of the Huntington Medal Award ". American Numismatic Society.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos máis salientables publicados por Adolphe Dieudonné ao longo da súa carreira:"Dieudonné, Adolphe Edmond 1868-1945 ". Digital Library Numis."Dieudonné, A. (Adolphe) 1868-1945". WorldCat Identities."Dieudonné, Adolphe (1868-1945)". Persee.fr

Monografías

(1898). Hildebert de Lavardin, évêque du Mans, archevêque de Tours (1056-1133). Picard, París. (1908). Table de la Revue numismatique (de 1836 à 1905). Rollin et Feuardent. (1909). Théorie de la monnaie à l'époque féodale et royale d'après deux livres nouveaux. Rollin et Feuardent. (1916-1936). Manuel de numismatique française (con A. Blanchet). Picard, París. (1916). T. II: Monnaies royales françaises depuis Hugues Capet jusqu'à la révolution. (1936). T. IV: Monnaies féodales françaises. (1923-1932). Les monnaies capétiennes ou royales françaises. Leroux, París. (1923). Sect. 1: De Hugues Capet à la réforme de Saint Louis. (1932). Sect. 2: De Louis IX (Saint Louis) à Louis XII.

Artigos

(1906). "Numismatique syrienne. I: Émèse". En Revue Numismatique. 4ª serie. 10. Páxinas 132-155. (1909). "Numismatique syrienne. II: L'aigle d'Antioche et les ateliers de Tyr et d'Émèse". En Revue Numismatique. 4ª serie. 13. Páxinas 458-480. (1911). "La Monnaie royale depuis la réforme de Charles V jusqu'à la restauration monétaire par Charles VII". En Bibliothèque de l'École des chartes. 72. Páxinas 473-499. (1912). "La Monnaie royale depuis la réforme de Charles V jusqu'à la restauration monétaire par Charles VII (suite et fin)". En Bibliothèque de l'École des chartes. 73. Páxinas 263-282. (1920). "La numismatique de Charles IV le Bel". En Journal des Savants. 3. Páxinas 123-130. (1920). "Des espèces de circulation internationale en Europe, depuis saint Louis". Revue Suisse de Numismatique, 22. Páxinas 5-39. (1932). "L'ordonnance ou règlement de 1315 sur le monnayage des barons". En Bibliothèque de l'école des chartes. 93. Páxinas 5-54. (1933). "Les doubles cornus de Philippe le Bel et les origines de la mite flamande". En Revue Belge de Numismatique, 85. Páxinas 23-41. (1942). "Les monétaires mérovingiens". En Bibliothèque de l'école des chartes. 103. Páxinas 247-258.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Babelon, J. (1938). "La retraite de M. Adolphe Dieudonné". En Bibliothèque de l'école des chartes. Volume 99. Nº 1. Páxinas 226-227. Le Gentilhomme, P. (1946). "Adolphe Dieudonné". En Bibliothèque de l'école des chartes. Volume 106. Nº 2. Páxinas 428-430. R. L. (1951). "Adolphe Dieudonné (1868-1945). En Revue Archéologique. T. 37. Páxina 205.

Outros artigos

Gabinete de Medallas da Biblioteca Nacional de Francia

Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1945 Categoría:Nados en París Categoría:Numismáticos de Francia Categoría:Membros da Sociedade Francesa de Numismática Categoría:Galardoados coa medalla da Royal Numismatic Society Categoría:Galardoados coa medalla Huntington Categoría:Persoas relacionadas coa Biblioteca Nacional de Francia Categoría:Arquiveiros de Francia Categoría:Bibliotecarios Categoría:Paleografía Categoría:Alumnos da École des Chartes Categoría:Profesores da École des Chartes Categoría:Cabaleiros da Lexión de Honra Categoría:Finados en accidente de tráfico Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Presidentes da Sociedade Francesa de Numismática