José Baldomero Fernández Calviño, nado en Santa Cruz de la Palma o 18 de setembro de 1923 e finado na Coruña o 12 de novembro de 2017, foi un político galego.
Traxectoria Estudou o bacharelato no Instituto de Ensinanza Media da Coruña. Diplomouse na Escola de Socioloxía en Madrid e obtivo o título de Graduado Social na Escola da Universidade de Santiago de Compostela. En Madrid ingresou no Frente de Juventudes e foi Delegado de Juventudes e Secretario Local do Movimiento Nacional en Narón. Funcionario do concello do Porto do Son, foi correspondente de La Noche no Porto do Son,La Noche, 9-9-1958, p. 8. e patrón maior da cofraría do Porto do Son nos anos sesenta.La Noche, 26-1-1966, p. 8. Foi procurador nas Cortes franquistas en representación das confrarías de pescadores como presidente da Federación de Confrarías de Pesca de España. Na transición afiliouse ó Partido Gallego Independiente, foi senador (1977-1982) coa Unión de Centro Democrático e conselleiro de Pesca (1979-1982). Finou na Coruña o 12 de novembro de 2017.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 13-11-2017, p. 29.
Vida persoal Casou con María Ángela Posse Mariño.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición
Ligazóns externas Ficha no Senado
Categoría:Procuradores en Cortes galegos Categoría:Senadores pola Coruña Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Políticos de UCD Categoría:Nados na provincia de Santa Cruz de Tenerife Categoría:Nados en 1923 Categoría:Finados en 2017 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes