Khyri Jaquan Thomas, nado o 8 de maio de 1996 en Omaha, Nebraska, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Petkim Spor turco.

Traxectoria profesional O 21 de xuño de 2018, Thomas foi escollido na 38ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Philadelphia 76ers, e foi traspasado ós Detroit Pistons a cambio de dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft. Thomas debutou na NBA o 9 de novembro de 2018 contra os Atlanta Hawks. O 20 de novembro de 2020, Thomas e Tony Snell foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Dewayne Dedmon.

O 7 de maio de 2021, asinou un contrato de dez días cos Houston Rockets. O 14 de maio de 2021, asinou un contrato multianual cos Rockets, pero foi cortado o 6 de outubro de 2021.

O 24 de novembro de 2021, Thomas asinou ata final de tempada co Bilbao Basket da Liga ACB, para suplir a baixa do mancado Andrew Goudelock.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference

Categoría:Nados en 1996 Categoría:Nados en Omaha, Nebraska Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto da ACB Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Detroit Pistons Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores do Bilbao Basket Categoría:Xogadores do Maccabi Tel Aviv BC Categoría:Xogadores do Tofaş SK Categoría:Xogadores do CB Miraflores Categoría:Xogadores do Petkim SK