Hitler – Eine Karriere é un filme documental de 1977 sobre a traxectoria de Adolf Hitler. Producido en Alemaña do Oeste, foi dirixido por Christian Herrendoerfer e Joachim Fest e escrito polo propio Fest, un historiador alemán.Höhne, Heinz (26 de xuño de 1977) Faszination des Demagogen. Der Spiegel. Consultado o 24 de setembro de 2021.Geurts, Hans: "Hitler: A Career (1977)". (in Dutch). CineMagazine. Retrieved 24 August 2021.Mavis, Paul (10 de novembro de 2007) "Hitler: A Career (Hitler - eine Karriere)". DVD Talk. Consultado o 24 de agosto de 2021.
Premisa O filme, que emprega imaxes de arquivo exclusivamente, é unha ollada á maneira na que Hitler chegou ó poder, e tamén pretende explicar o motivo polo cal as persoas que vivían en Alemaña amaban a Hitler. Fest argumenta que Hitler era un político intelixente, intrigante e incriblemente adaptable, que estaba ansioso por explotar calquera debilidade que vía no sistema político e nas masas que, humilladas polo resultado da primeira guerra mundial, estaban dispostas a apoiar unha voz que falaba por eles.
Estrea O filme foi recibido nun principio con polémica entre algúns críticos, especialmente en Alemaña.Wenders, Wim (5 de agosto de 1977) That’s Entertainment: Hitler. Die Zeit. Consultado o 24 de agosto de 2021. A historiadora estadounidense Deborah Lipstadt escribiu que o filme amosaba extensos clips de Hitler facendo a súa propaganda e ignoraba por completo o Holocausto, polo cal Fest participou na glorificación dun asasino.Lipstadt, Deborah (1993) "Denying the Holocaust". Free Press. p. 212. Consultado o 24 de agosto de 2021.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1977 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste