Tameza é unha parroquia rural de Asturias do concello de Yernes y Tameza. Segundo o INE en 2017 tiña 72 habitantesINE en 95 vivendas. Ten unha extensión de 16,89 km².

Xeografía

Está situada ao sur do concello, e limita ao norte coa parroquia de Yernes; ao leste coas parroquias de Sograndiu e Banduxu, do concello de Proaza; ao sur coas parroquias de Santianes de Molenes e Viḷḷamayor (concellos de Grau e Teberga); e ao oeste coas parroquias de Las Villas, Villamarín e Santianes (concello de Grau).

Segundo o nomenclátor de 2009 a parroquia está formada polas aldeas de Fuxóu (23 habitantes), Villabre (55 habitantes) e Villuarrí (19 habitantes). O lugar de Villabre é a capital administrativa do concello de Yernes y Tameza.

O principal eixo de comunicación é a estrada AS-311, que comunica Tameza co concello de Grau. Cara ao sur está conectado co concello de Teberga a través do porto de Marabiu.

Lugares

Sitios FuxóuVillabreVilluarríEl Caléu Entelacapilla La Fontanina El Llanón Las Mayucales La Melandrera La Penouca El SierruL'Auteiru La Campa La Era La Fonte La Parada El Portiellu Las Quintanas

Notas

Categoría:Parroquias de Yernes y Tameza