Encanto é un filme estadounidense de 2021 de animación por computadora, musical e fantasía producido por Walt Disney Animation Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. É o sesaxésimo filme producido polo estudio, dirixido por Byron Howard e Jared Bush, codirixido por Charise Castro Smith e producido por Clark Spencer e Yvett Merino, coa música orixinal de Lin-Manuel Miranda. Está protagonizado polas voces de Stephanie Beatriz, John Leguizamo, María Cecilia Botero, Diane Guerrero, Jessica Darrow, Angie Cepeda e Wilmer Valderrama. Estreouse en El Capitan Theatre dos Ánxeles o 3 de novembro de 2021, e nos cinemas dos Estados Unidos o 24 de novembro. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que eloxiou a actuación das voces, as cancións, a representación de Colombia e a profundidade emocional.

Personaxes miniatura|dereita|Stephanie Beatriz é a voz de Mirabel Madrigal.

Stephanie Beatriz como Mirabel Madrigal Noemi Josefina Flores como Mirabel de nena John Leguizamo como Bruno Madrigal María Cecilia Botero como "Abuela" Alma Madrigal Olga Merediz como voz de canto de Alma Diane Guerrero como Isabela Madrigal Jessica Darrow como Luisa Madrigal Angie Cepeda como Julieta Madrigal Wilmer Valderrama como Agustín Madrigal Carolina Gaitán como Pepa Madrigal Mauro Castillo como Félix Madrigal Adassa como Dolores Madrigal Rhenzy Feliz como Camilo Madrigal Ravi-Cabot Conyers como Antonio Madrigal Maluma como Mariano Guzmán Alan Tudyk como Pico

Estrea Encanto tivo a súa estrea internacional en El Capitan Theatre na cidade dos Ánxeles o 3 de novembro de 2021, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos de América o 24 de novembro de 2021, en RealD 3D, Dolby Cinema, IMAX, 4DX e IMAX 3D. En resposta á pandemia de COVID-19, o filme terá unha duración exclusiva de 30 días. Encanto estrearase en Disney+ o 24 de decembro de 2021. O filme lanzouse xunto coa curtametraxe Far From the Tree.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Byron Howard Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes ambientados en Colombia Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX