Coidemos Lugo é un movemento social lucense adicado a promover o amor, o coidado e a valorización do patrimonio, do medio ambiente e dos espazos públicos en xeral. Naceu de xeito espontáneo en agosto do ano 2020 con 25 persoas fundadoras, e en pouco tempo involucrou a centos de persoas nas súas accións de limpeza e a milleiros de persoas a través das redes sociais.

Historia

O movemento social Coidemos Lugo naceu no mes de agosto do 2020. Nun paseo guiado do turismólogo e docente universitario Guido Álvarez Parga, o grupo de participantes e el atoparon no lucense barrio do Carme un vertedoiro ilegal e os resultados de diversos actos vandálicos que esnaquizaran muros centenarios deste barrio histórico de Lugo. Indignados por este panorama, os participantes animaron a Guido a compartir nas redes sociais esta situación, e a convocar dalgún xeito que a sociedade se unise para crear un movemento que contrarrestase este tipo de actos. Ao pouco sumouse o deportista Salva Arco, daquela xogador profesional de baloncesto e capitán do Club Baloncesto Breogán (agora responsable da área social deste club deportivo). En poucos días convocouse unha primeira acción de limpeza, estreáronse contas nas redes sociais, e o 28 de agosto do 2020 considérase a acta fundacional de Coidemos Lugo. Dende entón, cada mes convocan unha acción de limpeza en distintos barrios de Lugo, dan charlas en diversos centros educativos (colexios, institutos, universidades) e colaboran con outros colectivos.

Notas

Categoría:Asociacións de Galicia

Categoría:Lugo