O piñeiro e Siberia, Pinus sibirica (en ruso, Сибирский кедр - Sibirsky Kedr [literalmente: "cedro de Siberia") é unha especie arbórea da familia das pináceas, unha das numerosísimas do xénero Pinus.
Taonomía Descrición A especie foi descrita en 1803 polo físico, naturalista e xeólogo francés Étienne-François Dutour de Salvert.Pinus sibirica Du Tour no IPNI.
Etimoloxía Para o xénero ver Pinus.
O epíteto específico, sibirica, alude á área de distribución da especie.
Subespecies Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimos:Pinus sibirica Du Tour en The Plant List. Consultada o 29 de no vembr de 2021. Pinus arolla Petrov Pinus cembra f. coronans (Litv.) Krylov Pinus cembra subsp. sibirica (Du Tour) A.E.Murray Pinus cembra var. sibirica (Du Tour) A.E.Murray Pinus cembra var. sibirica (Du Tour) G.Don Pinus cembra subsp. sibirica (Du Tour) Krylov Pinus coronans Litv. Pinus hingganensis H.J.Zhang
Distribución miniatura|240px|Vista dunha árbore nova
A especie Pinus sibirica é orixinaria de Siberia onde se atopa desde os 58° L, nos montes Urais até os 126 °L nas montañas Stanovoi no sur da República de Sakha, e os 68° N no val baixo do río Ienisei até os 45° N no centro de Mongolia.
Na parte norte da súa área de distribución crece a altitudes baixas, entre os 100 e os 200 m, mentres que máis ao sur é unha árbore de montaña, que medra até os 1 000 ou incluso os 2 400 msnm. Moitas veces alcanza a liña de árbores nesta zona.
Características É un membro do grupo dos chamados piñeiros brancos (xénero Pinus subxénero Strobus). As follas (acículas) están reunidas en fascículos de cinco, cunha vaíña caduca. Miden 5-10 cm de longo. Os estróbilos miden 5-9 cm de lonxitude. As sementes, de 9-12 mm de longo, só teñen restos da á, e son dispersadas grazas á acción do córvido Nucifraga caryocatactes.
Os espécimes maduros alcanzan de 30 a 40 m de altura, e 1,5 m de diámetro do toro. A súa idade máxima é de 800 a 850 anos.
Algúns botánicos tratan ao Pinus sibirica como unha variedade do moi parecido piñeiro cembro (Pinus cembra). Difire do piñeiro cembro en que ten estróbilos máis grandes, e as acículas do siberiano teñen tres canais resiníferos en lugar dos dous do cembro.
Usos Pinus sibirica é un popular árbore ornamental en parques e grandes xardíns en zonas onde o clima sexa frío, como no centro do Canadá, producindo un crecemento constante, pero non rápido, nunha diversidade de lugares. É moi tolerante aos intensos fríos invernais, até case os 60 °C baixo cero, e tamén á exposición ao vento. As sementes tamén se teñen recollido e vendido como piñóns.
Saúde vexetal Como outros piñeiros brancos europeos e asiáticos, Pinus sibirica é moi resistente ao fungo Cronartium ribicola. A enfermidade causada por este fungo foi accidentalmente introducida desde Europa en Norteamérica, onde causou unha intensa mortalidade en moitos piñeiros brancos orixinarios de América, en moitos lugares, en particular ao moi próximo parente Pinus albicaulis.
O Pinus sibirica é de gran valor para a investigación sobre hibridación e modificación xenética para desenvolver variedades resistentes ao fungo nestas especies.
Química O pinoestilbeno é un estilbenoide que se acha, xunto co resveratrol, na casca de Pinus sibirica.N. A. Tyukavkina, A. S. Gromova, V. I. Lutskii & V. K. Voronov (1972): "Hydroxystilbenes from the bark of Pinus sibirica". Chemistry of Natural Compounds 8 (5): 570-572.
Notas
Véxase tamén
Logazóns externas Pinus sibirica en "Arboretum de Villardebelle".
Categoría:Pinus Categoría:Flora de Asia Categoría:Plantas descritas en 1803 Categoría:Árbores forestais Categoría:Plantas ornamentais Categoría:Plantas de Nadal