A República Autónoma do Epiro do Norte (en ; Aftónomos Dimokratía tis Voreíou Ipeírou) foi unha entidade política autogobernada de curta duración. Foi fundada a raíz das guerras dos Balcáns o 28 de febreiro de 1914 polos gregos que vivían no sur de Albania.

A área, coñecida como Epiro do Norte (en ) polos gregos e cunha substancial poboación grega, foi conquistada polo exército grego ao Imperio Otomán durante a primeira guerra balcánica (1912–1913). Porén, o Protocolo de Florencia asigou ese territorio ao estado albanés acabado de crear. Esta decisión foi rexeitada polos gregos locais, e cando o exército grego se retirou á nova fronteira, estabeleceuse un goberno autónomo en Argyrokastron (en grego: Αργυρόκαστρον, hoxe Gjirokastër), baixo o liderado de Georgios Christakis-Zografos, un distinguido grego local e exministro de Relacións Exteriores, e co apoio tácito de Grecia.Boeckh 1996: 114

En maio, as grandes potencias confirmaron a autonomía co Protocolo de Corfú. O acordo aseguraba que a rexión tería a súa propia administración, recoñecía os dereitos da poboación local e prevía o autogoberno baixo a soberanía nominal albanesa. Porén, nunca se implementou porque en agosto o goberno albanés colapsou. O exército grego volveu ocupar a área en outubro de 1914 despois de estoupar a primeira guerra mundial. Planeouse que o Epiro do Norte sería cedido a Grecia despois da guerra, mais a retirada do apoio italiano e a derrota de Grecia na Campaña de Asia Menor deron como resultado a cesión a Albania en novembro de 1921.Miller 1966: 543–44

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Documents Officiel concernant l'Epire du Nord, 1912–1935. Biblioteca dixital do Parlamento de Grecia.

Categoría:Repúblicas autónomas Categoría:Estados desaparecidos de Europa