Klaus Georg Steng, nado en Bad Aussee o 22 de xuño de 1943, é un actor e director austríaco, coñecido como Klaus Maria Brandauer.

Traxectoria Brandauer naceu como Klaus Georg Steng en Bad Aussee, Estiria, fillo de Maria Brandauer e Georg Steng (ou Stenj), funcionario civil. Posteriormente adoptou o nome da súa nai como parte do seu nome artístico.

Brandauer comezou a actuar sobre o escenario en 1962. Despois de traballar no teatro e na televisión do seu país, fixo o seu debut cinematográfico en inglés en 1972, en The Salzburg Connection. En 1975 participou na serie Derrick, no episodio 8 da segunda temporada, titulado "Pfandhaus". O seu premiado papel protagonista en Mephisto (1981), de István Szabó, interpretando un actor abstraído, iniciou a súa carreira internacional. Posteriormente volveu traballar con Szabó en Oberst Redl (1985).

Despois do seu papel en Mephisto, Brandauer apareceu como Maximillian Largo en Nunca digas endexamais (1983), un remake do filme de James Bond de 1965 Operación Trono. Roger Ebert dixo sobre a súa actuación: "Por unha banda, hai máis dun elemento humano na película, e vén de Klaus Maria Brandauer como Largo. Brandauer é un actor marabilloso, e escolle non interpretar o vilán como un clixé. En cambio, proporciona un certo encanto e conmovencia a Largo, e dado que Connery sempre foi un James Bond particularmente humano, esta vez as apostas emocionais son máis convincentes". Protagonizou Memorias de África (1985), xunto a Meryl Streep e Robert Redford. Brandauer foi candidato ao Óscar e gañou un Globo de Ouro pola súa actuación.

En 1987, foi o presidente do xurado do 37º Festival Internacional de Cinema de Berlín. En 1988 apareceu en Hanussen xunto a Erland Josephson e Ildikó Bánsági. Brandauer foi a escolla orixinal para Marko Ramius en The Hunt for Red October. Ese papel finalmente foi para Sean Connery, quen interpretara a James Bond Nunca digas endexamais. Coprotagonizou con Connery de novo The Russia House (1990). Outros papeis cinematográficos destacados foron en The Lightship (1986), Streets of Gold (1986), Burning Secret (1988), Cairo Branco (1991), Devenir Colette (1991), Introducing Dorothy Dandridge (1999, interpretando o director Otto Preminger) e Jedermanns Fest (2002). En 1989 participou na gran produción cinematográfica para o bicentenario da Revolución Francesa da canle de televisión francesa TF1, La Révolution française, no papel de Georges Danton.

O primeiro traballo de Brandauer como director de cinema foi en 1989 con Georg Elser - Einer aus Deutschland, onde interpretou tamén o papel principal.

Vida persoal A primeira esposa de Brandauer foi Karin Katharina Müller (14 de outubro de 1945 – 13 de novembro de 1992), directora e guionista austríaca de cinema e televisión. O matrimonio durou desde 1963 ata a morte dela en 1992, aos 47 anos, por mor dun cancro. Ambos eran adolescentes cando casaron en 1963. Tiveron un fillo, Christian. Brandauer casou con Natalie Krenn en 2007.

Filmografía Year Title Role Notes 1972 The Salzburg Connection Johann Kronsteiner 1975 Derrick Erich Forster Serie de televisiónEpisodio: "Pfandhaus" 1979 Októberi vasárnap Hoffmann 1981 Mephisto Hendrik Höfgen 1983 007: Nunca digas endexamais Maximilian Largo 1985 Oberst Redl Alfred Redl Quo Vadis? Nerón Miniserie The Lightship Captain Miller Memorias de África Baron Bror Blixen 1986 Streets of Gold Alek Neuman 1988 Hanussen Erik Jan Hanussen Burning Secret Baron Alexander von Hauenstein 1989 Das Spinnennetz Benjamin Lenz Georg Elser - Einer aus Deutschland Georg Elser Tamén director La Révolution française Georges Danton Miniserie 1990 The Russia House Dante 1991 Cairo Branco Alex Larson Devenir Colette Henry Gauthier-Villars 1994 Felidae Pascal/Claudandus Voz Mario und der Zauberer Cipolla Tamén director 1998 Jeremiah Rei Nabucodonosor Telefilme1999 Rembrandt Rembrandt Introducing Dorothy Dandridge Otto Preminger Telefilme2000 Socorro, son un peixe Joe Voz (versión alemá) Dykaren Orlov 2001 Vercingétorix: La légende du druide roi Xulio César 2002 Jedermanns Fest Jan Jedermann Between Strangers Alexander Bauer 2003EntrustedGregor Lämmle Telefilme 2006Kronprinz Rudolfs letzte Liebe Emperador Francisco Xosé Telefilme 2009 Tetro Carlo Tetrocini 2011 Manipulation Urs Rappold 2013 The Strange Case of Wilhelm Reich Wilhelm Reich 2013 Die Auslöschung Ernst Lemden Telefilme 2020 Zárójelentés S doktor

Notas

Véxase tamén

Categoría:Nados en Estiria, Austria Categoría:Nados en 1943 Categoría:Actores de Austria Categoría:Actores de teatro de Austria Categoría:Directores de cinema de Austria